Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Privatizar

jueves, 29 de mayo de 2008
As Administracións teñen cada vez máis competencias, entran en novos ámbitos e controlan máis campos de acción. E multiplícanse, e medran de xeito desmesurado. E parece que aínda este incremento é pouco en relación co que podería ser.
Temos Administracións europeas, estatais, autonómicas, provinciais e municipais, Institutos, Fundacións, Empresas públicas, Servizos, Entes autónomos e así ata un infinito nado na imaxinación febril dos planificadores administrativos que non ven límite á súa acción organizadora.

Todas estas entidades ou organismos teñen unha dotación persoal calculada para prestar todo tipo de servizos e funcións, con especialistas en cada materia e servidores con formación administrativa xeral, en ampla escala que cumpre todo tipo de situacións.

E sen embargo estes organismos dotados de persoal para funcionar dalles por privatizar determinadas funcións... Os concellos privatizan o cobro das multas ou a recaudación de determinadas exaccións, a Consellería de Cultura encarga a empresas privadas a organización de concertos, os xardíns aténdenos empresas privadas e os controis de persoas e mercadorías nas institucións oficiais galegas están nas mans de empresas privadas de seguridade.

Postos a que medren as nosas administracións, só faltaría que ó final absorbesen as empresas que lles prestan servizos, con todo o seu persoal.

¿Quen lle pon freno a este afán privatizador dos que teñen a sartén polo mango?. Porque esto non é patrimonio dun grupo político senón que desde os conservadores ata a esquerda máis de esquerdas no goberno teñen moi floxa a man á hora de contratar temas que moi ben debería facer esa mesma administración.

¿Ou esto é a demostración perfecta de que a empresa privada é para estas cousas mellor solución que a función pública?. Perigoso é chegar a esa conclusión. Porque entón, para que queremos unha administración que non funciona?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES