Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: O Concello e o Asilo (I)

viernes, 23 de mayo de 2008
Con motivo das próximas Vodas de Platino do Asilo (inaugurado o 16-7-33), e co obxeto de espallar o seu coñecemento, ofrecimos ós lectores en pasadas semanas unha semblanza histórica daquela Institución, coas limitacións que o espacio impón, pero dende a rigurosa obxetividade e sen incidir en aspectos dos que carecendo de información fidedigna poidesen significar pola nosa parte unha ousadía.

En aras desa veracidade fixemos especial énfase no feito real e ben coñecido da plena identificación dos focegos con aquela Casa da que sempre nos sentimos orgullosos; e en cómo as nosas xentes se volcaron en xeral na súa axuda material e moral. De feito a vida, os avatares, os personaxes que por alí pasaron ó longo dos anos, os aconteceres ledos ou tristeiros; todo elo formou parte entrañable da historia local. E aquel edificio, acaso hoxe mais que nunca apreciada a ubicación e a beleza da súa planta, coa ampla horta e os xardíns que a frontean, foi sempre, e segue a ser, todo un símbolo, humano e urbanístico, que nos prestixa mesmo nestes tempos aniquiladores de tales valores.
¿E cal foi ó longo destes setenta e cinco anos a actitude do concello hacia tan meritoria obra social e benéfica?. Como é natural estaría inspirada en cada momento polo grao de sensibilidade hacia a mesma por parte dos que gobernaran. A este respecto dispoñemos de poucos datos, pero sen dúbida expresivos do que deixamos apuntado.

Foi o ano 1934 cando o Concello, por unanimidade, nomeou Fillos Predilectos ós fundadores, “que legaron ó pobo o seu importante patrimonio”, e un ano mais tarde declaraba como cemiterio o pabellón construído na capela, para que puidera acoller os restos dos mesmos, ata entón soterrados no camposanto de San Cosme de Barreiros.

O ano 1943 da inmediata posguerra -“cuarto Año Triunfal”, como proclamaba a dialéctica oficial-, tempos de profunda miseria, de fames e de tódalas carencias, o concello instalou unha tómbola con fins benéficos a resultas da que se obtivo un beneficio de 300 pesetas, que se repartiron a partes iguais entre as entidades: Asilo de Anciáns, “para socorro dos pobres asilados”; Auxilio Social, “para nenos pobres atendidos polo mesmo”, e Acción Católica, “para contribuir ó almorzo dos nenos do Catecismo”. Non temos constancia de posteriores aportacións ata os anos setenta.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES