Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caxigueiro en Ferrol

viernes, 16 de mayo de 2008
Un noble edificio do século XIX, que durante moitos anos servíu de hospital na cidade departamental, acolle na actualidade un Centro Cultural, dos de maior envergadura de Galicia, que ata finais de xuño ofrece a exposición “5 visións desde os 90”, na que outros tanto escultores galegos amosan a súa obra. “Trátase de cinco artistas de indiscutible prestixo, -di a concelleira ferrolán de Cultura no catálogo da mesma- con obras nalgunhas das coleccións mais importantes do noso país e coa presenza en infinidade de exposicións tanto persoais como colectivas ao longo do estado…". Son os/as artistas Alvaro de la Vega, Mª Xosé Díaz, Rosalía Pazo, Valmaseda e o mariñán Daniel Caxigueiro, mindoniense afincado en San Martiño de Mondoñedo.

As pezas do noso veciño ocupan tres amplas salas da primeira planta do centro que leva o nome do escritor Torrente Ballester e o seu traballo está espertando un grande interese nos visitantes e na crítica, según amosa a atención que ó mesmo prestan os medios de comunicación, destacando como unha constante presencia na súa producción a utilización da linguaxe plástica como un medio polo que expresa a súa defensa das culturas minoritarias, denuncia as agresión que a cotío se realizan contra as liberdades, a protección ao medio natural e os abusos do poder.

O antibelicismo (“Guerreiros”, “Europa terapia puntual”, “O bosque dos ausentes”), as agresións ó medio mariño (“O mar noso”), polo que se lembran os desastres do Erika, Cason, Prestixe, etc... ou “O rapto da paisaxe”, alegato contra a feroz especulación urbanística que se produce no noso contorno: un andamio de mais de dous metros de altura serve como contedor de varias casas de formigón e cerámica, que se dispoñen caóticamente ao seu redor, invadindo o espacio, en alusión á ausencia de plans que regulen unha construcción anárquica que degrada o medio paisaxístico.

Xa a xerente do Museo Provincial de Lugo, Encarnación Lago, dixera del: ”A obra plástica de Caxigueiro ven procurando dende sempre a expresión das verdades, esas verdades que en ocasións permanecen agachadas, ou esvaecidas, a realidade enmarañada da sociedade na que vivimos”. A crítica especializada ten as propostas de Caxigueiro como das mais interesantes de Galicia. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES