Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Philippe Le Goff

martes, 13 de mayo de 2008
Distinguido señor:

Hai uns días aparecía na prensa un comentario co título de “Hermanamientos”, suscrito por vostede, presidente do Comité de Irmanamento Bretaña-Galicia, no que se refería a algúns casos de frustración, dos que foi principal promotor coa indispensable complicidade dos rexidores dos concellos (cita a Mondoñedo e Ribadeo) e culpa da situación de abandono no que se atopan tales iniciativas que, según a súa valoración, “son sempre algo positivo”, ós avatares políticos; é decir ó cambio da cor das corporacións municipais como resultas das eleccións.

Amosa a súa preocupación, convencido da bondade da iniciativa de proporcionar irmáns, “a troche y moche” como dí o vello cuplé, dos que ninguén tiña noticia, o que no seu día nos fixo lembrar aquel espacio televisivo, tan exitoso, “Quién sabe dónde”…

Pola contra menciona outras dúas localidades -Sarria e As Pontes concretamente- que sí ao parecer continúan mais ou menos con actividades tendentes a ese coñecemento e intercambios. Pero hai algo, señor Le Goff, que nos sorprende: é que para nada se refire a Foz, cando a nosa vila, gracias ó seu interese e ó celo dos nosos gobernantes por ampliar as fronteiras da familiaridade, dende hai cinco anos conta con un irmán naquelas bariles e fermosas terras da Bretaña francesa, chamado Trégastel. A verdade é que a noticia, cando se producíu, causounos certo desacougo pois del nada sabíamos; para localizalo tivemos que recurrir ó mapa, e aínda así non pense que nos resultou moi doado, feito comprensible dada a nosa recoñecida torpeza… A verdade é que, cando o visitamos apreciamos nel certas peculiaridades moi positivas, algunhas dignas de emular, e as nosas impresións quedaron recollidas en catro artículos publicados no xornal da provincia.

Pero nestes intres (tempo haberá de volver ó tema) o que nos interesa é o seguinte: que nós saibamos o de Trégastel está esquecido, ou cando menos aparcado, silenciado; non temos coñecemento de que se leve a cabo xestión de tipo algún para revitalizalo.

Según as súas manifestacións está claro que non é o concello o culpable da situación porque en Foz non mudamos a cor política. ¿Será polo tanto vostede o responsable? ¿Rematou o labor? Nese caso ¿con qué resultados?. Naturalmente nada afirmamos; só preguntamos, e facémolo dende o absoluto respecto e consideración hacia a súa persoa.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES