Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os libros, novos

martes, 13 de mayo de 2008
Está ben que as institucións apoien ás familias con necesidades, de xeito especial cando este apoio se formula no eido da educación, sector onde as necesidades se fan aínda máis visibles, e onde toda axuda será pouca para conseguir o acceso de todos ó nivel que o permita a capacidade de cada quen.

A Universidade de Compostela ven de facer un estudio sobre a opinión das familias e dos ensinantes do xeito que ten a Administración de axudar ó estudio a través da facilitación de libros gratuítos mediante un sistema de préstamo.

A enquisa reflicte moi claramento que o sistema non funciona como se esperaba e chegan ó 82 por cento as opinións contrarias ó sistema actualmente vixente, no que os libros se utilizan varias veces e, polo tanto, non poden ser incorporados ás bibliotecas familiares ou ser aquelas iniciadas por estos; non se poden efectuar anotacións nos libros, e non hai conciencia de propiedade nin se ten a mesma querencia polos volumes de estudio que se fosen propiedade de cada alumno.

A Asociación Galega de Editories, Federación de Libreiros e Asociación Nacional de Editores, á vez que presentaron o estudio en cuestión, subíronse a un carro que lles é favorable para reclamar cambios na política de axudas de xeito que se suprima o préstamo e cada alumno teña os libros en propiedade, previa a axuda que en cada caso corresponda.

Os estudiantes queren libros novos. Os amigos dos libros queremos que os estudiantes disfruten deses libros e poidan incorporalos logo a unha biblioteca que nace con cada persoa sen máis límite que os medios e a imaxinación.

¡Libros novos para todos!. Para que todos (libreiros, editores, pais, alumnos, profesores...) esteamos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES