Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da política á empresa

jueves, 08 de mayo de 2008
Sería preciso que antes da entrar na función pública, os funcionarios pasaran un tempo na empresa privada, de xeito que aprendendo procedementos, xeito de traballar, competitividade, dinamismo e movilidade da iniciativa privada, soubesen valorar axeitadamente os beneficios dos traballadores do sector público, a garantía de permanencia na praza, a carreira profesional e todo o que conforma o status do funcionario.

Do mesmo xeito, parece lóxico que un político antes de acceder a un cargo público, soubese como funciona a empresa privada para que comprendese os seus esforzos, a dedicación dos seus traballadores, e demostrase que pode gobernar os asuntos públicos gobernando primeiro os negocios privados.

Exemplos importantes ten habido de empresarios que, logrados fins importantes nos negocios, se pasaron ó público aportando a súa experiencia e o seu labor como valores supremos.

Pero tamén hai exemplos á inversa. Políticos que rematado o seu traballo público, pasan á empresa privada para aproveitar a experiencia, a sona, os contactos conseguidos, contra toda lóxica e contra toda norma. As grandes empresas buscan estes nomes, mascaróns de proa, para utilizalos en traballos de representación, imaxe ou presión.

Seguro que o feito é legal, pero non queda ben. Pode a norma permitilo, pero este trasvase conta cun importante rexeitamento por parte dos cidadáns libres e normais, que se buscan a vida traballando intelectual ou físicamente. Son exemplos que colaboran de xeito decisivo á mala imaxe que os políticos están tendo diante da poboación. Da empresa á política, perfectamente válido. Da política á empresa, non.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES