Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bo e mal leite

miércoles, 30 de abril de 2008
Na miña nenez, en Ambosores, desnataban o leite e devolvían o soro porque non había estrada para que o coche viñese recollelo. Cando o coche do leite puido chegar, comezou o progreso.

Quedoume desde entón un agarimo polo camión e polo que a recollida significaba, que continúa cinco décadas despois.

Nin a industria nin os labregos viven de lembranzas, e por eso comprendo que o precio do leite depende da oferta e da demanda, que sempre será pouco para os produtores e sempre merecerá axustes para as industrias. Pero esto hai que razonalo en mesas de debate, entre gandeiros, sindicatos, empresa e administración, sen perder nunca os nervios.

Quizais pola miña pouca fortaleza física nunca fun partidario da forza bruta. Quizáis porque sei do seu traballo e esforzo durante toda a vida estimo a Jesús Lence como empresario creador de traballo e de riqueza. Quizais porque non conduce a nada, rexeito todo tipo de violencia individual ou colectiva, e teño un medo cerval ós efectos dunha turba sin control con efectos de marabunta.

Os sindicatos agrarios están xogando con lume e a situación escápaselles das mans. Hai que falar e non loitar, porque da loita só pode sair o destrozo de infraestructuras nas que as empresas poden sair perdendo pero máis perderan os que non teñan quen recolla a súa produción.

Pensándoo ben, aquel leite da miña nenez, inocente e terceiromundista era un bo leite. Mal leite este que precisa ser defendido con violencia e do que alguén terá que arrepentirse.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES