Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar cultura

miércoles, 30 de abril de 2008
A consideración da cultura como un sector de producción, evaluable en canto a investimentos, traballadores, empresas, productos e consumo destes productos, é unha visión nova moi lonxe da consideración tradicional sobre a problemática cultural.

O que para moitos gobernantes e observadores era unha “maría” social á que atender porque quedaba ben, porque “adornaba” unha xestión, e á que se dedicaba a persoa de máis renome, a de maiores relacións ou a máis pintoresca, a que non daba votos porque os votos colleitábanos as obras públicas, electrificacións, lineas telefónicas ou asfaltado de estradas, converteuse nun importante sector de producción, unha industria, que en Galicia ten máis de tres mil empresas e vintecinco mil empregos.

Pero a todo sector de producción corresponde un consumo dos productos e nese aspecto non estamos os galegos tan evoluídos como na producción se refire. Porque resulta que os galegos gastamos cada ano una media de 168 euros en productos do sector cultural mentras o promedio do Estado español é de 250 euros ó ano.

Nestas cifras van englobados o cine, museos, exposicións, a música, os libros... porcentaxe ben pequeno de investimento se atendemos ó inmenso campo da producción cultural que nos rodea, que nos envolve cun manto tan grande e tan espeso que ninguén pode sustraerse a el.

Imponse aumentar os investimentos de cada galego no eido cultural, pola industria e por nós, polo país. Mercar cultura é imprescindible para progresar como país e como persoas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES