Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subvencionados

martes, 22 de abril de 2008
Se cada autonomía do Estado español funcionase de xeito independiente no que se refire ós seus propios ingresos, habería comunidades con superavit e outras con fortísimo déficit. Para eso existe un fondo de compensación interterritorial que permite nivelar as diversas situacións individuais, subvencionando determinadas comunidades entre as que Galicia é das máis beneficiadas.

A media de recaudación fiscal das autonomías españolas está en algo máis do sesenta e seis por cento, chegando Baleares ó 110, Madrid ó 101,4 e Cataluña ó 83,3%. Galicia só cubre o 50,1% tendo só por detrás a Extremadura e Canarias co 37 e 29% respectivamente.

Diante desta situación, Galicia recibiu sustanciosas axudas do Estado durante o ano 2007 do chamado fondo de Solidariedade, só superadas por Andalucía, comunidade que recibe a maior aportación dentro do Estado.

Vaise estudiar agora o novo modelo de financiación autonómica, que debe ser clarificador en canto á recepción de fondos, debe seguir sendo solidario para apoiar o desenvolvemente das comunidades que menos teñen, e debe primar determinados factores como o envellecemento da poboación ou os milleiros de núcleos rurais ós que tan difícil resulta facilitar os servicios básicos.

Galicia recibe apoio do resto das comunidades, está subvencionada porque o precisa, e seguirá precisando desas subvencións durante moito tempo ata que a balanza fiscal rexistre resultados moito mellores.

A estes efectos, Galicia ten ó seu lado Asturias e Extremadura, en similar situación. Agardemos que a situación, a subvención, se manteña en tanto en tanto precisemos axuda para sair do noso subdesenvolvemento, que ten na recadación dos nosos impostos un dos máis claros expoñentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES