Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai para largo

lunes, 21 de abril de 2008
Malo cando os gobernos van detrás dos pobos, porque o ideal e lóxigo é que quen goberne leve a voz cantante, sexa previsor –saiba ver con tempo- e as súas directrices marquen conductas para prever problemas e non para solucionar males.

Neste Estado – porque o problema supera con moito o territorio autonómico e suponse que mesmo o estatal – estamos en crise. Pero esquezamos a crise de identidade, a crise social, a crise educativa, e atendamos exclusivamente á crise económica.

Existe crise económica desde hai tempo aínda que non se quixo recoñecer oficialmente ata que superamos o rubicón das ultimas eleccións xerais. E recoñecendo que é moi humano retrasar o seu recoñecemento para favorecerse políticamente dese retraso, cabe suponer que estaba perfectamente calculado o risco de empeoramento dunha enfermidade non diagnosticada, e que canto máis se tarde en poñer parches á crise máis difícil será enfrontala.

Certo que o desbocado precio do crú petrolífero do que dependemos como petroleoadictos irremisos ten moito que ver no tema, pero tamén ten moito que ver a nosa tendencia alegre a consumir por enrriba de calquera cálculo posibilista confiando que o que veña detrás arree coas nosas débedas.

Hai algo máis dun mes non había crise, pero agora o superministro Solbes xa calcula que alomenos ata finais do 2010 non imos comezar a volver ás tranquilizadoras cifras dun PIB medrando arredor do tres e medio por cento anual.

Se antes non nos confirmaron que había crise para que non tolearamos ó votar, ¿por qué agora imos crer que en algo máis de dous anos volveremos á doce normalidade anterior?.

Teremos tempo para vivir a crise... Convenzámonos da súa existencia, e vaiamos poñendo en orde os nosos asuntos económicos, para evitar unha dura caída.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES