Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A droga do viño

viernes, 18 de abril de 2008
Chegou o momento definitivo para que o viño reciba un determinado tratamento legal, desde o punto de vista dos seus efectos nos seres humanos.

Cóidase que o viño é case tan antigo como a humanidade intelixente, que se non foi Noé como quere a tradición o primeiro que conseguiu obter viño do froito das vides, foi o ser humano no camiño do progreso persoal e colectivo o que fixo fermentar a uva machacada ata obter ese néctar que é alimento e espíritu, que produce satisfacción e euforia, que consumido en cantidades razonables complementa unha boa comida e resulta – estudios hai – beneficioso para determinadas enfermidades ou carencias.

Pero o viño, como moitas outras sustancias, resulta nefasto en exceso sexa nun determinado momento ou como hábito, entrando na relación das consideradas sustancias que causan adicción; do que coñecemos como drogas.

Como droga se lle trata na Ley de Drogas que se está a estudiar nestes momentos, producindo conroversia entre os redactores e impulsores da Lei e o sector da producción vitivinícola de Galicia.

Está ben que se prohiba o consumo de alcohol por parte dos menores de dezaoito anos, que non se poida beber nas rúas, pero a mesma aparición do viño na Lei de Drogas repugna ó sector e preocupa a todos os que consideramos o viño como froito da evolución e traballo do ser humano, fonte de riqueza e de cultura, producto elevado do refinamento social.

Neste tempo, as drogas son os opiáceos, as pastillas, a heroína, pero tamén a afección desmedida ó alcohol, ó xogo ou o traballo.

Se o viño é unha droga, e hai que tratalo como tal, habería que concluir que hai que tratar como droga o xogo. E o traballo desmedido. A ver quen se atreve.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES