Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe á pataca

miércoles, 16 de abril de 2008
A ONU declarou o 2008, Ano da Pataca, e ben o merece, pois quitounos de épocas de fame. Xa avanzado o XVIII, unha praga nos castiñeiros rematou coa froita destes, ata daquela alimento cotián das familias chairegas. Na súa sementeira, un pouco adiada, polas fluctuacións climáticas, temos que homenaxear este tubérculo, polo moito que fai pola vida, valéndose, ás veces de pouca terra, e afacéndose a climas moi recios, nalgún, sen esixir demasiados coidados. Esta xenerosidade convértea nun dos productos con máis variedades e máis entrega, un 85% é comestíbel, e unha soa dá a metade da dieta diaria: hidratos, vitamina C, potasio... Entre nós, porfía, por máis mimo e atencións, agasallando a nosa ollada con esas fermosas flores, que noutrora, por envexa, rexeitaban coma velenosas. !Quen dá tanto, esixindo pouco!. A Chaira é unha comarca que a fai xermolar con calidade, recoñecida por todos os padais, e tamén nos mercados. Por iso, celebramos que haxa xente nova, coma Pepe e Macarena, que están a plantar case 6 has, en Insua e Pino, as súas parroquias natais, de tres clases: a kennebec, máis branca e delicada, a baraka, amarela, e a “agria”, recomendada para fritir, e xa garantida a súa adquisición por unha empresa transformadora, porque o proceso de comercialización no sector primario é tan esixente coma a propia producción. Hai que felicitalos, porque cómpren experiencias e proxectos, que aproveiten mellor, o noso agro. Aínda que sexa coma unha actividade complementaria, a outros usos agrícolas e gandeiros. Non van ser só, pasteiros ou piñeiros. A diversificación de cultivos é unha saída económica, e o Banco de Terras, pode axudar, coma escoitamos en Moexmu. Xertigán, froito da fusión de Gandeiros da Chaira e Xertiriz, na nova etapa en Momán, está a incentivar as posibilidades hortícolas; grelos, coles... No universo da pataca, presente en todo o mundo, a Terra Chá ten o seu peso específico, que hai que rendabilizar, para frear o desmantelamento rural e a despobación. A calidade é a clave da producción, no rural, cunhas comunicacións, que limitan as grandes cantidades e a industria agroalimentaria, só posíbel con outra infraestructura loxística. Agora mesmo están a mercarse, patacas importadas de Israel, Francia..., cando contamos co mellor medio para un alimento, que cando é atacado polas pragas, fai tremer o mundo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Administrando imposibles: As Administracións, atópanse ás veces con imposibles derivados dunha mala ad...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información