Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galegos no goberno

martes, 15 de abril de 2008
A existencia de galegos no goberno nunca foi garantía de nada, e esto sabémolo desde hai ben tempo cando era un galego o que rexía con man de ferro o Estado español, a el estaban dedicadas as máis importantes prazas e avenidas, desfilaba baixo palio nos templos máis egrexios e viña a Galicia celebrar cada ano un Consello de Ministros no pazo que fóra de Dona Emilia Pardo Bazán.

Agora, tres ministros de Zapatero son galegos, e rexentan catro ministerios porque Elena Espinosa é aínda máis ministra ca antes e ás competencias de Agricultura suma as de Medio Ambiente. E Touriño opina que esto vai ser moi bo para Galicia, porque xa o feito de nombralos da fe do peso do PsdeG.

Os socios galegos do Goberno, por boca de Anxo Quintana, coidan que non é para tanto e se ben lle dan unha marxe de confianza ó goberno que nace, agardan ver se os galegos no novo goberno están dispostos a comportarse como galegos no exercizo do seu cargo.

Por fin, Feijóo párase no que considera unha afrenta para a dignidade dos galegos, como é a continuidade no seu posto de Magdalena Álvarez, aquela ministra que pasará á historia por considerar unha inmundicia o conxunto das obras do Plan Galicia.

Por definición, os Ministros teñen que ser ministros de todos os españois sen arrimar máis do normal o lume ós intereses de Galicia, polo que vainos ser exactamente igual que sexan galegos ou non.

Vantaxe pode ser polo coñecemento dos problemas, porque veñan animar campañas electorais, ou polo acento. Pero vai ser mellor que non teñamos nada desto en conta, que non contemos con nada especial deles, e así o que nos veña, será unha sorpresa agradable.

En tanto agardamos que esa sorpresa se produza, teñamos como inócua a orixe galega de tres ministros/as, agardando que sexa froitífero en xeral o seu labor para que alomenos poidamos percibir en Galicia a parte que nos toque dos seus éxitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES