Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas Recencións Forestais

viernes, 11 de abril de 2008
DÚAS RECENSIÓNS FORESTAIS DO CONGRESO “MEDIO RURAL, AGRICULTURA Y CAMBIO CLIMÁTICO” Santiago de Compostela, 28 e 29 de Febreiro de 2008.

I
“ALTERNATIVA FORESTAL Y CAMBIO CLIMÁTICO”

Prof. Dr. J. M. Montoya* e Dra. M.L. Mesón García**

O CAMBIO CLIMÁTICO NO ÁMBITO FORESTAL: IDENTIFICACIÓN E ADAPTACIÓN

Procesos de decaemento vexetal
Os decaementos masivos, simultáneos (“ubicuos”) e inespecíficos de moitos boscos levaron ós autores a plantexarse en 1990 unha paralela hipóteses causal ; é dicir, a dun cambio igualmente ubícuo e “inespecífico” que soamente podería ser o climático…
Dende 1991, traballaron ademais nun sistema diagnóstico que identificara estratificadamente toda a problemática dunha serie de causas coadxuvantes.
Primeiro as de “predisposición”: xuventude, inadecuación xenética, precaria sanidade, competencia, espesura, etc…, coas súas conseguintes réplicas técnicas de normalización da pirámide poblacional, mellora de especies, selección de individuos, control das espesuras i, en xeral, de boa xestión e defensa do recurso.
Pero o seu traballo abarcou sobre todo outros complexos factores “desencadeantes” que, a súa vez, dividiron siñificativamente en “detonadores” (meteoroloxía, polución, etc…) e “catalizadores” (ubicacións, parásitos, fisioloxía, etc…) -o popular termo castelán “seca”, máis biolóxico que hídrico, resultou ser eisí a proba de nove desta complexidade-.
Non menos útil foi a denuncia das excluíntes atribucións causais que se lle viñan facendo a factores meramente “executores” (predadores, agresores alóctonos, sequías, xeadas, incendios, etc…).
Con ista casuística tetrafactorial , os verdadeiros ingredientes do cambio resultaron moito máis comprensibles.
As aportacións silvícolas dos autores foron recibidas entón por algúns filósofos da obviedade cun regocixado escepticismo que xa amaina (a istes efectos, o recensor pensa que cada un debera xa ir distinguindo ben entre as verbas ecólogo e ecoloxista).

Impacto do cambio climático sobre a biodiversidade
Pola estabilidade que estadística e retroactivamente xenera, a biodiversidade non só é un axente conservador; a súa merma puidera ser por se mesma causa de destrucións que irían moito máis alá do empobrecemento. A biodiversidade é un factor sinérxico de perpetuación e supervivencia.
É iste un dos aspecto do problema que, dende fai case vinte anos, máis preocupa ós autores.

¿Existe o cambio climático? Adaptación ó cambio da silvicultura.
A nivel mundial, hai “división de opinións”. Dentro diste grupo dos autores hai sobre todo preocupación. Por se acaso, uns intentaron mapas premonitorios, outros informatizaron métodos rápidos e potentes de análises e os máis escépticos propugnaron “Principios de Incertidume” que, paradóxicamente, implicaban responsabilidades certas e actuais. Pola súa parte -e sobre estas bases- os autores elaboraron a prescrición de algunhas tecnias silvícolas de mitigación.
Niste senso pensan que, quizais máis interesante que salvar ó bosco do clima sería salvar ó clima co bosco. “En lo relativo ó CO2, la biomasa leñosa forestal es el camino”- nos din.


BIOMASAS

Conceptos base
Propiedades bioenerxéticas: Condición das biomasas capaz de facelas producir (transferir) enerxía (solar).
Biocombustible: Biomasas igniscentes e comercializables como tales (as tradicionais “leñas”, por exemplo).
Principais clases de biocombustibles: agrícolas (sempre competindo con outros usos da terra) e leñoso-forestais (en xeral non competitivos e forestal, social e económicamente estimulantes).
A madeira e outros materiais igniscentes non soen ser ouxeto diste tipo de mercadeo; por iso, inda que arda, non sempre pode ser calificada de biocombustible.
A biocombustibilidade forestal é a alternativa enerxética ós contaminantes fósiles quizais máis clara e barata. Por engadidura, a súa explotación melloraría a economía do bosco, atenuaría incendios dos que Galicia tanto sabe e estimularía o emprego campesiño e industrial.
(O recensor cree útil non deixar atrás tampouco as obviedades de que a Silvicultura, pese ó seu nome: é un tratamento sistémico de base natural das masas arbóreas naturais ou naturalizadas, e de que a arboricultura forestal é pola contra un cultivo relativamente individualizado de árbores forestais -coma por exemplo a populicultura-).

O prezo dos biocombustibles
“Si o que contamina paga”, o que depura debe cobrar. O prezo dos biocombustibles -que non o valor- debería concibirse pois coma unha suma dos seus prezos enerxético, antipiroxénico, medioambiental (externalidades ecolóxicas e paisaxísticas propias dos boscos ben xestionados), estratéxico (redución da dependencia exterior), económico e laboral -arduas tasacións todas ilas pero seguro que crecidas-.

POTENCIALIDADE FORESTAL E MITIGACIÓN DO CAMBIO CLIMÁTICO
Os boscos, na súa dobre condición de sumidoiros do CO2 e almacén de combustibles, poderían ser coma xa dixemos a máis ventaxosa das iniciativa de mitigación. A este fin, os autores desenrolaron para a Comunidade Valencíana un modelo selvícola xa en marcha chamado “Bosques del Siglo XXII”.

O efecto sumidoiro
Coma é sabido, os vexetais captan o CO2 e desprenden O: son pois incluso algo máis que sumidoiros. O aumento deste efecto coa estimulación ou creación de boscos monumentais (silvícolamente óptimos i estables) podería ser unha das estratexias básicas da mitigación.

O efecto substitución
A substitución máis ou menos intensa das emisións fósiles pola dos biocombustibles forestais ralentizaría este tipo de emisións indesexables que, por outra parte, xa estarían sendo eliminadas pola acción fotosintética masiva de boscos renovados ou instaurados. O fomento silvícola tradicional, racional e sostible -a “silvoenergética-, normalizando e optimizando simplemente os rendementos da biomasa -“redescubrindo as leñas e carbóns dos nosos avós”-, sería xa en si mesmo un dos máis cualificados sistemas posible de mitigación.
A arboricultura forestal intensiva, e xa non silvicultura -a dos eucaliptos, os choupos, os Quercus, etc…- contribuiría moi eficazmente co bosco a ista mitigación.

O efecto inhibición
A madeira, sustituindo a demanda de materiais tales coma o aluminio, os plásticos, o aceiro etc… -de elaboración altamente contaminante- podería evitar cuantiosas emisións repercutindo ademais en importantes revalorizacións do bosco e do seu supremo produto perpetudor..

OPORTUNIDADES PARA GALICIA
Unha oportunidade única
Galicia é o país europeo con máis potencialidade forestal. Dado que esta potencialidade é unha oportunidade excepcional contra o cambio climático, pode que o seu desenrolo sexa un dos nosos máis apremiantes ouxetivos. Iste desenrolo tería ademais as coñecidas avantaxes ecosistémicas, económicas y sociais que, culminadas pola supervivencia, aparécenlle sempre asociadas.

Os boscos maduros e a silvicultura
A recuperación dos antigos, maduros e máis ou menos destruídos boscos galegos -óptimos sumideros do CO2 e, por outra parte, medios cuia produción i externalidades teñen un alto valor ambiental- é hoxe en día máis socioeconómicamente viable que nunca. As tecnias silvícolas (cuia recente etimoloxía quere dicir “silvi-ecolóxicas” e non outra cousa) poderían logralo polo simple efecto do seu mimetismo natural..
Sempre, pero hoxe máis que nunca, é preciso postergar un pouco a vella cultura do “metro cúbico”.

Os cultivos de árbores forestais
Tamén no terreo dos cultivos forestais intensivos (arboricultura forestal, xa non silvicultura), as oportunidades de Galicia son únicas. Coas naturais reservas sober dos acerto de xestión en cada caso, coidamos que os tallares de eucalipto están sendo deseñados para obter un máximo rendemento económico -é dicir, de biomasa e, conseguintemente, de potencialidade biocombustible-. Certo que un enfoque de finalidade puramente substitutiva -non celulósica nin taboleira- obrigaría a modificar os marcos de plantación, os diámetros de corta e os métodos de cultivo actuais, pero, aínda así, ambas arboriculturas forestais poderían compatibilizarse doadamente, especialmente se o mercado admitiraas como tales.
Provisionalmente, nas estacións das clases globais I e II, os autores propoñen para o Eucaliptus globulus en marco de plantación de 2,70 x 2,15, unha silvicultura productiva con diámetros de corta referencial de 15 cm. medios cuadráticos con cortiza, cunha primeira corta ós 12 anos seguida de 8 cortas de recepe do tallar cada 8 anos, abonado a cada recepe e destoconado final. A produción da primeira corta sería dunhos 33 m.c/ha/ano e a das cortas sucesivas de 53 m.c. /ha/ano

Madeira combustible
En Galicia, a abundancia de madeira podería producir algunhas excedencias pola súa mellor cotización nos mercados enerxéticos que madereiros; é dicir, pola súa “vocación” claramente biocombustible. Pequenas centrais eisí coma a co-combustión nas grandes térmicas sería o camiño. Nesta loita, a colaboración entre o desenrolo rural e a pequena industria poderían chegar a xogar un importante papel.


Bibliografía de interés
Al Gore: “Una verdad incómoda” 2006.
Allué Andrade J. L.: “Naturaleza, efectos y amortiguamientos del cambio climático en los montes españoles”, 1995.
Montoya Oliver, J.M.: (Ponencias, comunicaciones, artículos): ”Mortandad de Quercus” 1990. “Una explicación a la mortandad de encinas y alcornoques” 1991. “Efectos del cambio climático sobre los ecosistemas forestales en España” 1995. “Efectos previsibles del cambio climático sobre las especies migratorias” 1998. “Rotación corta en el género Populus”, 1979.

*Dr. Enxeñeiro de Montes, Profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidade, Politécnica de Madrid.
**Dra. en Ciencias Biolóxicas e Consultora de Proectos.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES