Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O queixo de San Simón

miércoles, 09 de abril de 2008
Outro ano, volvín atopar no queixo de San Simón, o peito que permite zugar as esencias e aromas da natureza da comarca. Un alimento, que non só é garante de saúde pola elaboración e ingredientes. Incrementaa, porque está a nutrirnos coa saiba desta paisaxe, esas herbas pequerrechiñas, capaces de facer fronte aos ventos da serra. Un queixo que axuda a integrarnos no regazo da natureza, polo primor co que foi soñado, dende o pastoreo na Chaira, ata a elaboración lenta e pausada desa masa gorenta e deliciosa, que permite saborear e disfrutar da natureza. Na súa transformación, hai unha tradición, pegada a esta terra, que as novas xeracións de gandeiras e gandeiros, miman con tesón: o aprezo pola sostibilidade dos terreos, e o rexeitamento de malas herbas e residuos, que estragan todo. Coidando o espazo para a alimentación das vacas, están coidando a vida de todo o colectivo, o patrimonio. A paisaxe non é un simple telón de fondo, é a enerxía que alimenta as diferencias enriquecedoras entre as comarcas e as parroquias. Por iso, espallan polo mundo, o son da súa identidade: San Simón da Costa, e ninguén alleo pode deturpalo, son donos de sí. Só o arrequentan con novas tecnoloxías e ferramentas, para facelo máis apetecíbel, simbolizado nas ubres que gardan as esencias do país. Un queixo tenro ao paladar e suave ás mans que o apreixan con agarimo, coma representa a escultura de Víctor Corral, que reflicten no cartel.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES