Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra o minifundio

lunes, 07 de abril de 2008
En tempos, lonxanos polo que os tempos cambian, Galicia converteuse na terra do minifundio. Polo valor da terra, o apegados a ela que estaban os nosos devanceiros, pola necesidade de ter un lugar onde vivir, unha hortiña para traballar, e ata un espacio “para caerse morto”.

Así, as propiedades galegas fóronse dividindo, parcelando, para contentar a todos os fillos; para repartir axeitadamente a facenda familiar, chegando a dividir as mesmas casas cun muro que as pechaba transversalmente para poder facer xustiza distributiva ata o final.

Foi este un tema non regulado polo poder civil ata o de agora e que a Consellería de Medio Rural afronta nunha futura Lei de Montes de Galiza, no que se van contemplar diversas medidas para que o noso país progrese no sector forestal, comezando por facer que as especies autóctonas volvan asentarse firmemente nos nosos montes, para que non só os pinos e os discutidos eucaliptos conformen a nosa paisaxe.

E acabouse eso de fragmentar as fincas ata o mínimo, xa que ninguén poderá dividir o monte galego en parcelas de menos de quince hectáreas de superficie.

Ben está o propósito pero para conseguir fincas desa superficie haberá que acudir ás concentracións parcelarias ou ós montes comunais, que quince hectáreas para Galicia son moitas hectáreas xuntas.

É un primeiro paso, e estará ben, porque levamos séculos precisando decisións sobre un tema que en Madrid non significaba nada pero en Galicia era a subsistencia ou a ruína, a anarquía ou a plantación indiscriminada, o abandono ou o incendio forestal.

Moito precisamos avanzar nos temas dos nosos montes. Benvido sexa este primeiro paso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES