Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fumar e beber

martes, 01 de abril de 2008
Comeza a recoñecerse que a drogadicción comprende moitos máis campos que o que neste comezo de século se entende por “drogas”, e que ademáis das sustancias naturais ou artificiais que responden a esta denominación hai outras moitas que van desde o tabaco ó alcohol, pasando polo abuso das novas tecnologías, das compras ou do traballo. As adiccións, recoñecidas como drogas ou non, son entendidas como problema grave pola nosa sociedade aínda que haxa unha gradación moi ampla en canto á súa valoración social.

O de fumar e beber, na xente maior, aínda non está demonizado como o estará no futuro. Pero sí o está, por pura prevención social, nos rapaces menores de idade que se fixan no ejemplo dos maiores e comezan a idade moi temperá a introducirse neses mundos de evasión.

As cifras son tremendas: tres de cada catro rapaces menores de dezaoito anos, beben habitualmente alcohol, e fuma un de cada seis. E un cinco por cento drógase con sustancias que sempre estimamos son “palabras maiores”.

A conciencia social está en movemento, pero non é abondo. Hai que facer moito máis, e os educadores, os pais, as institucións, e todos os mecanismos que a sociedade ten deben emprender accións para evitar que os menores caian nos mesmos erros que os que os antecederon.

Beber e fumar están camiño de ser proscritos. Pois a educación, a formación, debe levar dianteira, e convencer antes que prohibir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES