Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Regal, O Tolo

lunes, 31 de marzo de 2008
O pasado xoves tivemos a gozosa oportunidade de asistir en Viveiro á inauguración do complexo Regal-Xunqueira; unha iniciativa que espertou en nós unha fonda admiración porque, tendo o seu baseamento nunha actividade mercantil, racha co concepto tradicional da lexítima dedicación comercial para, case que esquecendo ésta, incidir no carácter altruista do que fai gala todo aquél que neste país pon as súas ilusións, os seus afáns e tamén os seus cartos ó servicio da comunidade, para deixar o mellor de sí mesmo nunha obra que nace coa indudable vocación de honrar ó pobo, que é o verdadeiro destinatario, e por suposto de satisfacer a persoal ansia de prosperidade do mesmo, a través da cultura, que é o único vieiro que pode levar ó seu desarrollo, material e humano. E o pobo ó que nos referimos traspasa, para nós, os lindes municipais para integrarse no patrimonio da bisbarra, dende esa consideración ampla que debe ter a visión de comarca, que é un concepto enriquecedor para todos e cada un dos seus pobos, pero que o ancestral sentido (ou mellor, sensentido) localista nunca superado, e polo tanto empobrecedor, nos impide considerar.

Alfonso O. Regal é un focense de Nois asentado na Cidade do Landro: artista plástico, hiperactivo, culto, creativo; a súa curiosidade por canto o arrodea levouno a experimentar en diversos campos da cultura, da empresa e da sociedade. Animador da vida asociativa e agudo analista da actualidade, mantén sempre a dignidade persoal de expresar fielmente os seus pensamentos, que endexamis prostitue en aras dun servilismo que, como é sabido, da de comer. Nestes intres lembramos aqueles versos de Curros que dende a adolescencia traemos na memoria: “.. nin troquei o corazón / nin a conciencia vendín. / O que é xusto defendín, / non me neguei á razón; / loei o que entendo bon; / o que malo, combatín”. O poeta celanovés pagou cara a súa dignidade; e así seguimos, coma hai cen anos.¡Qué pouco adianta esta sociedade!.

“O Norte tamén existe” é o título da exposición de artistas mariñáns coa que o complexo Regal-Xunqueira inicia a súa andaina. O recordatorio da nosa existencia, no mundo da arte, é oportuno: os gobernantes dos nosos concellos non o fan, cando menos de forma decidida e cabal, acaso por aquelo que xa dixera Castelao: “Hai necesidades que non se senten no estómago”, e fóra do que a éste afecta hai pouco con quen falar…
Alguen, á vista da natureza e a magnitude da obra de Regal, dixo a éste algo así: “Isto só o fai un tolo…”. Eloxio rotundo; a nosa terra está moi necesitada de tolos así.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES