Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións sen misterio

lunes, 17 de marzo de 2008
Pasaron as eleccións, e pasou a romaría. A pouco máis dunha semana dos comicios máis disputados da nosa historia, o tema queda tan atrás que xa nin é noticia. Nin siquiera os escrutinios foron noticia.

Porque non hai moitos anos, os informadores reuniámonos no goberno civil ou nos partidos políticos, para ir recibindo a medida que pasaba a noite, as novas do escrutinio. Unha mesa por aquí, outra daló lonxe, e así –telefonazo a telefonazo- íase formando o gran puzzle dos resultados que de madrugada se albiscaba. Os últimos concellos, os da montaña que sempre chegaban máis tarde, xa importaban pouco porque non podían modificar o mapa formado polas grandes cidades ou capitais de comarca que foran pechando resultados máis cedo.

Agora, coa técnica, perdeuse aquel misterio e aquela espera como dun natalicio de nai primeiriza que lle costara traballo alumear un resultado. Agora, ás oito da tarde, desvelan as enquisas de voto e acabouse o misterio.

Eu non comprendo como os especialistas das axencias de enquisas son capaces de clavar deste xeito os resultados. Porque claro está que a min nunca me preguntaron, pero se me preguntan a boa hora vou decir a quen votei. E coma min, supoño que moita xente. Pois clávanos.

E mesmo os dirigentes dos partidos saen á palestra facer declaracións en base a esas enquisas postreiras, sen agardar aqueles resultados das cen primeiras papeletas dunhas determinadas urnas, que darían unha pauta de por onde irían despois os resultados.

Nada, que a cousa perdeu toda a gracia que tiña. E na actualidade, votas, agardas ás oito da tarde, e podes dedicarte a ver o Barcelona-Villareal, ou o que corresponda en cada momento, sabendo que non te perdes gran cousa por outro lado.

Non só nos dan todo feito, senón que lle quitaron o misterio e os nervios da espera. Agora todo é técnica.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES