Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer no mar

lunes, 17 de marzo de 2008
Nos dous primeiros meses de 2008, o mar galego, como se fose un acuático Moloch, esixiu o sacrificio de dezasete vidas; dezasete galegos que morreron nun mar ordinariamente abondoso pero que ás veces permite traxedias coma esta nas que se xunta o infortunio coas malas condicións armosféricas, as carencias coas urxencias, e conflúen circunstancias de todo tipo que actúan en contra dos homes e da vida.

O tema chegou ó Parlamento, onde o PP menciona os mortos e o goberno resposta que mentras gobernou ese partido foron máis de catrocentas as persoas que morreron no mar frente ás corenta e dúas deste último tempo político.

Non é eso,señores deputados. Non xoguen coas palabras. Se cada persoa é un mundo, como quere a nosa tradición, cada vida que se perde é única e irrepetible. Da igual o número, aínda que sexa a expresión numérica máis elevada a que causda en nós máis arrepío. Pero un só morto xa é unha traxedia. Traxedia para el, para a súa familia, para o seu pobo, para o seu país.

Son estes temas sangrantes, dorosos, vitais, que hai que manexar con moito coidado. Non se poden esgrimir mortos como instrumento agresor ou defensor.

En temas coma estes ten que haber unanimidade. Unanimidade en prever, en dotarse dos mellores instrumentos técnicos, en formar ós homes e ás mulleres da mar. Todos xuntos por un tema que fala de vida ou de morte, nun tema que non se presta ou non se debe prestar á loita política.

Calquera investimento será barato se aforra unha vida. Calquera precaución será pouca se evita unha traxedia. Calquera esforzo, calquera colaboración, calquera acordo neste terreo pode evitar ter que volver a lamentar “E logo dirán que o pescado é caro”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES