Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soñemos, alma, soñemos

viernes, 07 de marzo de 2008
E votemos, que os votos soños son.

Dise que a televisión e o cine son fábricas de soños. Porque o soño é un elemento imprescindible para a vida, e cando deixamos de soñar estamos empezando a morrer.

As campañas electorais son “unha ilusión, un frenesí”, como quería o clásico; e como Calderón quixo, se toda a vida é soño, os soños póñense especialmente de manifesto en tempo de eleccións, estas mudanzas colectivas e universais nas que todo é posible, nas que todos van gañar, nas que todos somos protagonistas, nas que todos imos facer xurdir un mundo novo froito da ensoñación, no que todos seremos felices.

Rematou unha das máis longas campañas electorais da historia, como unha guerra de catro anos na que moi axiña imos saber se houbo vencedores e vencidos ou só vencidos; na que moi axiña imos ver se Galicia é protagonista ou somente artesa de trigo electoral que provee de votos con forza en Madrid a representantes cunha excepcional capacidade viaxeira e que esquecen a terra do esquecemento en canto pasan Pedrafita.

Podemos disentir do sistema de listas pechadas, do sistema electoral ou do computo de sufraxios, pero o que está claro é que precisamos de tempos e actos coma este para que funcione a nosa democracia.

Exerzamos o noso dereito ó soño. A vida era soño para Calderón, os soños son a materia coa que se constrúen as campañas electorais pero tamén son os bimbios cos que se constrúe o noso futuro. Se non aceptamos os soños, se non soñamos, non temos dereito a ese futuro.

Votando este domingo cumprimos cun deber e exercemos o dereito máximo. Non temos máis remedio. Non podemos quedar atrás. Ninguén pode impedirnos participar.

Soñemos este domingo que podemos obter coa nosa decisión un mundo perfecto e feliz. Nesa convicción, nesa esperanza, nesa seguridade, ¡votemos!. Alea jacta est.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES