Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A importancia de chamarse Paco

martes, 04 de marzo de 2008
O cada vez máis presente fenómeno do tráfico preocúpame, entre outras razóns, porque como conductor son usuario habitual de rúas e estradas desde hai trinta e cinco anos.
E parécenme ben as innovacións que axuden a mellorar a circulación, a reducir a mortalidade, a proporcionar seguridade ós conductores.

A última novidade, de antonte mesmo, é que os equipos da Garda Civil van poder detectar se un vehículo ten ou non pasada a Itv, co que esto supón de garantía de que o automóvil está en condicións de poder circular. Esto está ben, pero xa me gustaría que a próxima sexa poder detectar se leva seguro, se o seu conductor é un kamikaze, ou se se trata dun coche roubado.

E o último visto en mensaxes a través dos indicadores luminosos da A-VI, foi o de “Paco, pon o cinto” que hai unha semana me sorprendeu, pois non me pareceu axeitada a mensaxe, porque hai moitos que non nos chamamos Paco e podemos considerar unha desatención ese esquecemento hacia nós. Xa non digamos se temos en conta que os “pacos” eran os tiradores solitarios que nos conflictos bélicos tentaban sementar a morte entre as tropas regulares.

Aínda sen saber de que Paco se trata, as miñas magoas aumentan. Ata agora lamentaba non chamarme Xosé Xulio para poder participar na tradicional Festa dos Pepes que na miña terra se celebra cada ano. Agora lamento tamén non chamarme Paco Xulio para identificarme coas mensaxes de Tráfico.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información