Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pura e Dora, de Ourense

martes, 04 de marzo de 2008
Pura e Dora Vázquez son xoias ourensanas, prestixio das letras galegas, orgullo para os galegos. Pura, xa no reino de Alén. Dora, a maior, afortundamente aínda entre nós.

As dúas irmás, desde Ourense, irradiaron de sempre afabilidade, cultura, irmandade, literatura humana que as fixeron referencia perfecta de mulleres implicadas no presente e no futuro do seu país, queridas por todos, veneradas por todos.

Hai tempo, a Asociación de escritores en lengua galega rendeulles unha homenaxe, e un monolito no parque Barbaña plasmaba en pedra o agarimo de Ourense e as letras galegas por estas dúas mulleres.

O monolito desapareceu, primeiro, do parque. E logo do depósito municipal do Campo da Feira sen que se saiba máis del.

¿Quen teme a Pura e Dora Vázquez?. ¿Tanto lastima a cultura ós incultos que non poden soportar a imaxe de algo que non entenden?.

Alto terá que facer o Concello de Ourense – a cidade de Ourense- en desagravio de Pura e Dora. Non deben poder máis uns indocumentados delincuentes que unha cidade culta, que ademáis representa e reflicte o sentimento de toda Galicia.

Pura e Dora Vázquez están xa na historia. Que Ourense, de novo, lles faga xustiza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES