Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En campaña electoral

lunes, 03 de marzo de 2008
Quedan moi poucos días de campaña, dunha campaña electoral orixinal en moitos aspectos, cruda, agresiva, longa, innecesaria.

Comparada coas anteriores, prácticamente desaparecen os carteis e as follas voandeiras, potenciándose as pancartas e os folletos a domicilio, son case inexistentes os vehículos con megafonía pero poténciase a presencia propagandística nos medios audiovisuais, déixase para o remate da campaña a invasión dos medios escritos e son novidade os debates transmitidos en directo dos que inicialmente so se aspira a un empate ostensible.

As promesas son variopintas, desde rebaixa dos impostos ata a puntual chegada do Ave, pasando por ampliación de carrís en autopistas, garderías... Viviremos en Jauja en canto comece a gobernar o gañador do día nove, a pesar de todos eses rumores de crisis como espada de Damocles sobre as nosas cabezas.

Chaman a atención as cuñas publicitarias e os spots pedindo que non se vote a un candidato e a un partido, para solicitar o voto para outro. Non parece moi político que unha forza arremeta contra outra para pedir o favor popular.

E a pesar de todo, con agresións verbais e loitas a morte (política, claro está), vivimos unha campaña bastante pacífica, relativamente correcta, que se nota pero non molesta á xeralidade de cidadáns que saben que nesta democracia so lles toca pronunciarse cada catro anos co seu voto ou a súa abstención, para logo deixar ós elixidos que fagan e desfagan –todos– coa maior das naturalidades, no que á xente de pe nos
parece ben ás veces, e moitas outras fóra de lugar, de tempo, e de sentido común.

Estamos en campaña. Afortunadamente queda xa moi pouco para que votemos, decidamos, e se organice un goberno estable para catro anos. Fai falla que sexa axiña para que a campaña das próximas eleccións –serán as galegas- se evidencie. Porque se non estamos en campaña parece como se non soubesemos que facer. O luns próximo, volveremos estar en campaña electoral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES