Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A promoción turística (I)

jueves, 28 de febrero de 2008
O intento, nunca logrado, de traballar unidos os concellos mariñanos a prol da súa promoción turística é unha cuestión que ven de vello. Hai cuarenta anos, o 28 de novembro de 1968, no pleno que celebraba a Corporación Municipal de Foz, presidido polo alcalde Pepe Beltrán, dábase conta dunha comunicación do concello de O Vicedo que, en nome dos alcaldes do litoral lucense, interesaba a constitución dun organismo para o fomento do turismo entre os concellos que o formarían: Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo. Os edís focegos, por unanimidade, aceptaron a proposta e a constitución, en consecuencia, do órgano que se chamou Mancomunidad Turística de la Costa Lucense e designou como representante na mesma ó señor alcalde.

Por aquelas datas este cronista cumplía funcións de correspondente de prensa, o que lle permitía asistir ás reunións que a devandita Mancomunidade, da que era Presidente Pepe Beltrán, celebraba na Biblioteca Pública de Foz.

Pasaron moitos anos e pérdese a memoria dos feitos, pero aínda así lembramos como era casi imposible conseguir que ás xuntanzas asistiran a totalidade dos membros, cómo maioritariamente carecían de ideas ou cómo afloraban a cada intre as actitudes localistas e irracionais que tiñan moi pouco que ver coa mentalidade aberta, obxetiva, tolerante e solidaria que son premisas indispensables para que accións deste tipo fructifiquen en realidades tanxibles, favorables para o conxunto dos pobos que a forman. É decir, igualiño que agora.

Hai que decir sen embargo que, a diferencia de hoxe, os concellos vivían unha auténtica penuria económica, o que frustraba moitas veces a posibilidade de poñer en práctica o mínimo proxecto; e que tampouco os gobernantes -alcaldes, concelleiros e demais- percibían remuneracións de tipo algún, hoxe tan xenerosas, xustificadas baixo os eufemismos de “dedicacións exclusivas”, ou “parciais”, “asistencia a reunións”, “a plenos”, ”a comisións”, dietas, etc... e deste xeito os cidadáns non asistíamos ó espectáculo bochornoso das loitas descaradas polos cartos, que mais nos lembran episodios entre mercaderes, dito con todo o respecto para estes últimos, que entre xentes que falan de ideoloxías políticas, de xenerosidade, de transparencia, de progresismo, de amor e servidume ó pobo, e de tanta demagoxia nestes tempos incorporada á dialéctica de moitos políticos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información