Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A intelixencia rumiante das vacas

lunes, 25 de febrero de 2008
Xamais puido ler un só verso de W. Wordswoth, pero os ollos xigantes reflicten o esplendor da herba e a gloria das flores.

A vaca. A teta nutricia de Galicia. O animal totémico que inspirou a Castelao as palabras máis fermosas e agradecidas.

A vaca garda nos faiados da memoria o paso implacable dos días, pero o seu tempo é longo e tranquilo. E mentres rumia a herba, tan escasa neste outono, anda a remoer tamén, unha a unha ideas que xermolan aquí e acolá.

Porque ó outro lado do valado, o tempo despénase atolado. Pasan os coches fumegando présas polo tubo de escape. Xente. Rapaces moi novos semellan fuxir. Onde van con tanta présa?

Escoita desde o centro do prado os tambores de guerra que petan desde o aparello de música. Daquela, a esta tropa non lle gusta o silencio? O tempo das vacas, pensa, está alfombrado de vento nas pólas dos pradairos, dos fíos de seda do zunido das abellas, das pingas de auga que estoupan esvarando pola súa pel. E de silencio, esa bendita música gratuíta.

Veciña da xente, a vaca escoita os berros, soporta as súas présas. Mira agora con ollos grandes e húmidos as caras anoxadas, os ollos cheos de irritación, os duros fociños do enfado, as bocas mastigando cabreo. Daquela, que lle está a pasar a esta xentiña? Por que vive tan estresada mentres a vida se lles escorre entre os dedos? Por que están tan fartos da vida cando a vida é un agasallo tan efémero?

Soa. Sen ninguén a carón dela pode seguir preguntando sen atopar, sen esperar respostas. Por qué están tan crispados, por que berran tanto, eles, xustamente eles que teñen a ferramenta da palabra?

A vaca non fala pero pensa que a palabra, ó tempo que constrúe o cerebro, tende pontes entre as persoas. Daquela, por que están tan divididos, tan infinitamente tensos, tan enfadados contra todo e contra todos?

Paso a paso vai escollendo as pegadas máis seguras camiño da quentura da corte. Para a beber paseniñamente na pía da fonte. A auga reflicte o seu rostro nobre e sabio. A vida, pensa, é o camiño, a compaña das compañeiras. A vida é o leite que regala, o traballo, os fillos que tan pouco estiveron a carón dela. Tanto por tan pouco.

Pero esta xente, que só ten dúas patas, ultimamente vai a mil por hora. Van e veñen. Falan seguido pero non escoitan. Parecen, meus pobres, a piques de estoupar.

Daquela, cando rumian a comida, cando remoen os pensamentos, cando dixiren os recordos?

O vértigo, a velocidade e o ruído envelenan a vida. Rouban o aire que tan ben ole. Borran as cores da herba e das nubes, dos rostros veciños, das árbores, das casas. Arrincan o tempo, a compaña dos outros, a palabra.
Antes de entrar na corte volve os ollos grandes cara á estrada. Uns rapaces vestidos cun coche pasan coma un lóstrego cara a ningures. Sente un berro e un pao pousado no lombo. Vólvese xusto a tempo cos ollos tinguidos aínda do esplendor do sol na herba.

Ten a noite enteira para rumiar os versos de William Wordswoth. E as palabras tan fermosas de Castelao.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xustiza económica para Galicia: Galicia é a terceira comunidade que máis se beneficia económicamente de form...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información