Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos unha potencia

jueves, 14 de febrero de 2008
Segundo unha campaña publicitaria que anda polos medios audiovisuais (en Internet, non; alomenos en Galicia Digital), somos unha potencia.

Filosoficamente potencia é a posibilidade, e acto a realización ou consolidación desa potencia.

Neste caso a campaña pretende que somos unha potencia con sinónimo de forza, de poder, de capacidades, de enerxía. Ö mellor ten razón a campaña, pero parece que estamos máis cerca do primeiro dos conceptos que do segundo.

Como de potencia a acto, filosoficamente, non se pasa de repente ou na súa totalidade, hai que recoñecer que Galicia vai pasando pouco a pouco, e na actualidade ten mellorado tres puntos no seu producto interior bruto en relación co producto medio da Unión Europea.

Se a Unión Europea está en cen en canto a este producto, España está no cento tres, e Galicia en 84,2%.

En relación con esta cifra, Madrid está na estratosfera con casi o cento trinta e catro por cento, seguida por País Vasco, Navarra, Cataluña, Baleares, La Rioja, Aragon... Estamos no cuarto posto por abaixo entre as comunidades autónomas españolas.

Somos unha potencia, di a campaña. E nós queremos crelo. Porque necesitamos sentirnos fortes para confiar que a crise que parece agallopar sobre o mundo vai pasar de nós ou alomenos non vai caer sobre Galicia como o quinto cabalo da Apocalipse.

Mentras tanto, conformémonos con esa subida de tres puntos no ranquin do progreso, pensando que se esto seguise así en seis anos chegariamos ó nivel europeo, e cun máis ó promedio de España, pero mtardaríamos máis de quince en poder compararnos ó Madrid de hoxe.

Mentalicémonos: ¡Somos unha potencia!. Pense vostede o que queira.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES