Dous máis dous
viernes, 08 de febrero de 2008
Dous máis dous son catro, inda que á maioría non o aprobe. Para moitos, isto será puro integrismo africano. E nada tan aburrido e inevitable como a defensa destas cousas -sobre todo a dúas bandas-.
A Igrexa e o Estado xeneran obrigacións contraditorias e, polo tanto, son inseparablemente antagónicos (a solución bíblica parece máis ben unha avinza).
Os dous teñen pleno dereito ós seus dogmas e actitudes; incluso en teoría ambos recoñécense ideolóxica e mutuamente este dereito. É no terreo dos feitos onde dereito é práctica enfróntanse máis sañudamente. Inda que ningunha das partes é rigorosamente independente, a tan cacarexada e drástica separación daría lugar a situacións tales coma a liberdade dos bispos para prohibila liberdade ou como a liberdade moral do Estado para a destrución dos fetos.
Cristián eu pola graza de Dios, úrxeme dicir que estas contradicións sófrense sobre todo na pel da xente -non na nunciatura nin na Presidencia do Goberno onde ámbalas partes van tomar un caldo estes días-.
Porque está claro que meterse un bispo na cuestión electoral é coma bailar o cancán.
Doutra banda, o laicismo do goberno é unha das máis flagrantes das súas contradicións democráticas (¡ollo coa filoloxía! ¡que laico tamén pode siñificar lego e segrar, e que este tipo de curas tamén di misa!).
O problema está na solución do imposible igrexa-estado. Eu diría que, posto que somos nós individualmente e non eles os únicos que sufrímolo, bastaría con que nos deixaran a soas con el e coa nosa conciencia -sobre todo con deixarnos-.
Entre tanto diremos co pobo: Coa igrexa temos topado, Sancho, ou ben Zapateiro ós teus zapatos.

Andrade, Fernando
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora