Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con nome de muller

lunes, 04 de febrero de 2008

Un Sindicato pide que se bauticen con máis nomes de muller os centros educativos de Galicia.

Tendo en conta que as mulleres son maioría no alumnado, son maioría no profesorado, son maioría na sociedade, o sindicato pide con bastante razón que os nomes dos centros amosen referencias femininas para adaptarse á realidade que nos rodea; á realidade deste mundo galego, cambiante, dinámico, actual.

En Galicia, o oitenta por cento dos centros educativos teñen nome de home, nomes masculinos. E do restante vinte por cento, máis da metade responden a diversas advocacións de santas de devoción local, sexa a Virxe da Luz, a Virxe do Corpiño ou a Virxe da Soedade, por mencionar tres colexios de ensino básico así denominados.

Cambiar o nome dun Colexio é difícil, porque o costume, a tradición, pode moito... Pero algúns hai que poden ser cambiados como o que – a pesar de ter denominación feminina- se chama “Carmen Polo” ou o que para diferenciarse de outros posteriores se chama “Colexio público número un”, que hai na vila de Foz.

A petición está plenamente xustificada, é razoable, non é difícil de atender, e seguro que as autoridades educativas – a fin de contas a Consellería de Educación de Galicia é unha muller – sintonizan coa petición.

A feminización de Galicia –país feminino ata nas formas das súas montañas- é un proceso imparable. Este ten que ser un paso máis, que a todos ten que complacer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES