Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O voto dos emigrantes

jueves, 31 de enero de 2008
Aproxímanse unhas eleccións xerais, nas que se fala de empate técnico entre os dous principias partidos. Certamente, estes partidos estanse comportando como se todo dependese duns cantos votos, combatindo con todo o seu potencial artilleiro desde hai tempo, agudizado este combate nos últimos días.

A acción non só se desenvolve dentro do Estado, senón tamén no exterior, tendo en conta a presencia de emigrantes con dereito a voto en Europa e Sudamérica.

Esta realidade faise especialmente presente en Galicia cando dos votantes ourensáns o vinte por cento está na emigración, así como o doce por cento dos lucenses, ou o once por cento dos coruñeses e pontevedreses.

Para que a cifra do voto exterior apareza en toda a súa realidade fai falla presentalo de xeito global, sinalando que 326.602 votantes están no exterior, mentras que os votantes lucenses son 304.280 e os ourensáns 283.060.

O voto exterior en conxunto é maior que o voto de Lugo ou Ourense, daí a preocupación dos grandes partidos por ter conexións cos emigrantes galegos, e as continuas expedicións que todo tipo de institucións organizan para fortalecer ese vínculo e conseguinte resultado.

Certo que os emigrantes no exterior teñen todo o dereito como galegos a pronunciarse sobre o futuro de Galicia, pero o que non resulta lóxico é que o peso do voto exterior supere globalmente o dunha circunscrición electoral galega.

O tema merece estudio fondo e repousado para que, mantendo os dereitos indiscutibles dos que conservan a galeguidade, o seu peso resulte ponderado segundo cada elección e segundo a realidade social. Os grandes partidos calaron ata agora porque lles convén manexar esta bolsa de votos. Pero chegará o momento en que tamén deberán pronunciarse por unha solución que contente a todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES