Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Promesas de Rajoy-Zapatero

martes, 29 de enero de 2008
A procesión dos caladiños parece, polo de agora, a campaña electoral en Galicia, campaña que pode non ter comezado oficialmente pero polo longa que xa resulta hai que considerala en plena fervedura.

Os candidatos galegos, por agora calados. Algúns, aínda incógnitos. E son os candidatos maiores, os primeiros espadas dos dous primeiros partidos, os que copan páxinas, sons e imaxes, e nos asombran cos argumentos que empregan, como badaladas que van directamente ó noso cerebro, á nosa carteira.
Zapatero anunciou que as pensións mínimas han subir douscentos euros, de xeito que os pensionistas que vivan sós cobrarán setecentos euros, e oitocentos cincuenta os que teñan persoa ó seu cargo.

Rajoy garante a creación de dous millóns de empregos, exención do imposto das persoas físicas e apertura de varios centos de miles de prazas de gardeirías.

Zapatero ( do de peito) promete que ha devolver catrocentos euros o próximo mes de xuño, se é de novo presidente, a todos os que fagamos a declaración da renda. Rajoy, en fin, se gaña as eleccións, celebrará na Coruña un Consello de Ministros para volver a aprobar o Plan Galicia.

Ahí queda eso. E os electores, alucinando polas promesas, lamentando que os dous non se alíen e gobernando conxuntamente nos proporcionen todas esas fermosuras económicas anunciadas que neste momento de vacas flacas seguro que nos sentan marabillosamente.

É sabido que un dos nosos refráns asegura que “o falar non ten cancelas”. E nas campañas electorais moito máis.

O que ocorre con estes excesos verbais é que, despois do nove de marzo, eles esquecerán estas promesas e nos tamén, porque ninguén toma ó pé da letra – ou sexa, en serio – o que se di en tempos coma este no que a palabra se devalúa.

Desde o 9 de marzo en diante quixeramos que a quen Deus lla dea, San Pedro lla bendiga. E que poñan sentidiño no que fan, goberno e oposición. E ata ese día, se é posible, que tampouco se desmanden demasiado, por aquelo de que xa somos maiores e non deberan xogar así connosco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES