Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Blanco promete ferrados de autopista

jueves, 24 de enero de 2008
As promesas de Blanco non e que sexan valor seguro porque ata agora non cristalizaron, pero tampouco se poden botar en saco roto as afirmacións feitas no desempeño do seu cargo polo que é secretario xeral do partido no goberno e posible futuro ministro se os socialistas gañan as próximas eleccións.

Na súa recente estadía en terras galegas, Blanco prometeu cento cincuenta e cinco quilómetros máis de autovías para o final da próxima lexislatura, en 2012, no caso que gañaran os socialistas.

Pero se temos en conta que neste periodo vai entrar en funcionamento a A-8 que desde Asturias ven entroncar en Baamonde coa A-6, case son eses quilómetros, e esa obra está en marcha sexa cal sexa o resultado da próxima xornada electoral.

Prometeu tamén que para daquela estará rematada ou ben avanzada a autovía Lugo-Santiago, que pasa por Palas de Rei, e que se se pretende iniciar este ano as obras cabe supoñer que todo está en marcha, tamén independentemente do resultado.

O certo é esto. Gañe quen gañe, o que goberne non ten máis remedio que facer autovías e outras obras similares se quere quedar á altura dos tempos e do país. Ou sexa, que o argumento non vale. Ou vale para todos.

Como unha parte dos quilómetros prometidos por Blanco pasa pola Terra Chá, que se rexe polas medidas establecidas por Manuel María – “ferrados de corazón, fanegas de alma”-, agradezamos ó mediático político lucense a promesa de tantos ferrados de autopista e que Deus llo pague con fanegas de ilusións, tantas coma a nós nos producen as súas promesas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES