Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non se levan nin se fían

martes, 22 de enero de 2008
A min non me parece mal que os policías municipais de Lugo non se leven co Alcalde, porque están no seu perfecto dereito, unha e outra parte, de relacionarse con quen lles caia máis simpático.

Para algúns, o Alcalde era máis simpático antes de ser Alcalde. Os policías municipais, que a min me son simpáticos porque coñezo a moitos desde que fomos compañeiros no servizo ó Concello, non teñen que caerlle simpáticos ó Alcalde, senón cumprir coas ordes e ordenanzas. E punto. E fiarse mutuamente, claro.

En Lugo estivo de baixa por enfermidade o vinte por cento da plantilla policial. En Ferrol chegou ó cincuenta. A noite de fin de ano en Lugo quedaron cinco policías de garda. En Ferrol, un.

En Ferrol parece ser que a causa é o escaso número de policías e a media de idade. En Lugo, a saber, cando o Concello contratou os servicios dun detective privado -como marido con sospeitas de ser enganado- para comprobar a veracidade das baixas por enfermidade.

A Alcaldía, ¿non se fía porque non se leva?, ou ¿non se leva porque non se fía?. Non se fía dos policías, das baixas nin dos médicos que as extenden. Pouco fino fía se non pode fiarse -ou non transmite confianza- para poder mutuamente fiarse alcaldía e policías que teñen como fin común o de servirnos ós lucenses en algo tan preciado como a seguridade.

E nós, lucenses confiados, a fiarnos do alcalde e dos policías, que non se fían entre sí.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES