Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia verde, ¿ata cando?

martes, 08 de enero de 2008
Galegos e foráneos consideramos que a cor predominante en Galicia é a verde, que nace da choiva e da terra desde o comezo da vida, moito antes do inicio da historia, e que así será polos séculos dos séculos.

Non opina así o informe que ven de confeccionar o Observatorio de la Sostenibilidad en España, que considera que o cambio climático pode afectar de forma moi importante á nosa terra, que resultará fortemente perxudicada nas próximas décadas, estimando que aló por 2040 (mañá mesmo, para un país aínda que para as persoas quede lonxe), Galicia terá perdido ata un 22% da súa productividade agrícola e forestal.

Eses cambios que notamos de invernos máis quentes e veráns máis temperados, a baixa da pluviometría, o aumento da temperatura, farán que deixemos de ser un país verde porque seremos un país que terá máis sede de auga, que o noso chan pola súa conformación non pode almacenar, nin a vexetación predominante propicia este almacenamento.

Se as prediccións se cumpren, Galicia dentro de corenta anos será menos verde que Asturias e Cantabria, que notarán moito menos os efectos perxudiciais do cambio que estamos experimentando.

Hai solucións políticas porque hai solucións relacionadas co coidado da paisaxe, coa plantación de árbores autóctonas, co aforro de auga, que só unha acción coordinada por un goberno preocupado polo problema pode acometer.

Os tempos son chegados para a natureza. O que non se faga agora, non poderá facerse no futuro.

Galicia verde, por agora. O futuro só depende de nós. Dos galegos e do seu goberno que debe tomar en conta os avisos que a natureza e os que a observan nos van proporcionando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES