Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luis Cordeiro

martes, 08 de enero de 2008
Morre Cordeiro, e os medios falan do seu papel no Estatuto dos 16, no Parlamento ou no Concello de Lugo, de ter sido o primeiro presidente democrático da Deputación, e que gracias a el temos a esencial Facultade de Veterinaria.

Para min, e para milleiros de lucenses, Cordeiro foi ante todo Asesor de Teleclubs nun tempo en que estes centros eran esenciais para Galicia.

Viña de Foz a primeira hora da mañá e traballaba ata última hora da tarde. Era un exemplo de coñecementos, traballo, dedicación, de relación, de cultura, e a xente dos teleclubs adorábao.

De Lugo, a Galicia. Creou coa Fundación Barrié a revista “Teleclub Galicia”, na que aprendín moito máis xornalismo que na Facultade. E conseguíu un Senado de directivos de teleclubs, onde destacaban Begonte, Bretoña, Sante, Pambre, Bazar, Pígara ou Marei, que tiñan en Cordeiro moito máis ca un asesor, tiñan un amigo.

Morre Cordeiro, e todos os que o coñecimos temos a necesidade de dicir o que deberamos terlle dito en vida. Os seres humanos somos así, e fai falla que alguén falte para sincerarnos e confesar.

Cordeiro é dos homes que deixan pegada. Hoxe non é só a súa familia a que queda mancada pola perda. Todos os que fomos seus amigos estamos tamén doídos, e queda na nosa memoria como persoa da que aprendimos moito, das que vale a pena imitar, das que deixan herdanza cultural e social, das que a todos nos fan máis grandes e máis fortes.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Administrando imposibles: As Administracións, atópanse ás veces con imposibles derivados dunha mala ad...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información