Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vacacións na Xunta

viernes, 04 de enero de 2008
A Administración galega está de vacacións, con horario reducido e longos días de descanso con cargo ós días de asuntos propios e ós que por anos de servizo oficial se van acumulando. Así, boa parte das oficinas públicas están en cadro, e autoridades ou funcionarios de base descansan mentras dura o período festeiro.
A Conselleira de Cultura estaba de vacacións cando veu a Galicia o Ministro de Cultura, tamén galego, para ver a nova gran biblioteca pública de Santiago de Compostela, que precisa para funcionar que se poñan de acordo Ministerio e Consellería.
Estar de vacacións mentras o Presidente da Xunta e o Ministro de Cultura visitan a Biblioteca, parece non cadrar ben na traxectoria dunha Conselleira que cuida presencia e actividade. Claro que tampouco cadrou ben que o pasado verán o Ministro e o Presidente xirasen visita por Galicia con paradas na Real Academia e no Consello de Cultura, sen contar coa Conselleira. Puidera ser unha nova representación do clásico “Onde as dan, han de tomalas”.
Por se non chegase, a pouco máis de sesenta días vista das próximas eleccións, renxen as taboas que se asentan sobre os pontós do Executivo galego, tendo como claro síntoma a arremetida das Xuventudes Socialistas de Galicia contra a Conselleira de Vivenda por non ter colgada na súa web a información sobre a renda básica para as axudas ó aluguer.
“Coaligado non roe a coaligado”, debera ser a máxima suprema de funcionamento dunha coalición. Pero visto está que esto pode non estar vixente neste período electoral, ou –máis concretamente- neste periodo vacacional.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES