Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E Touriño vai por libre

jueves, 03 de enero de 2008
Empezamos un novo ano, nun comezo que moitos quixeran fose de borrón e nova conta, pero a fin de contas aínda que se trate dun novo exercizo presupostario arrastramos todos os nosos antecedentes, somos producto da nosa traxectoria, e o ano novo non será máis que un novo treito do camiño que cada un de nós – e todos, colectivamente – vai marcando co paso do tempo.

Do frenesí de enquisas e notas do pasado fin de ano rescatamos a noticia peregrina de que Galicia foi a segunda comunidade do Estado con máis apagóns en 2006, e a quinta en canto a delitos de funcionarios, noticias perfectamente prescindibles que escoitamos ou vemos como se chovese, que aínda non é desta.

E nesto que Touriño se vai do Parlamento disconforme conque a primeira institución de Galicia envíe á Fiscalía o dictame da Comisión investigadora sobre a Cidade da Cultura como quixeron o Bng e o seu propio grupo, reafirmando a súa opinión de que se trata dun tema político e non é boa a xudicialización dos temas da política.

¡Ben por Touriño!. Non abundan os políticos que, de cando en cando, van por libre, defenden as súas ideas, e apártanse da marea para ser ola con vida propia.

Touriño vai por libre, e canto máis vaia por libre, aínda que se aparte do seu propio grupo defendendo unha idea, é máis Presidente de todos os galegos. E como tal Presidente, é máis Presidente que socialista. E como tal Presidente, está moi ben que defenda a non xudicialización dos temas políticos, que teñen marco perfecto para ser abordados precisamente dentro do Parlamento.

Que teñamos un 2008 en liberdade para todos. Mesmo para os polítios. Ser libres de cando en cando non lles fai ningún mal. E a nós, tampouco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES