Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transversalidade

viernes, 28 de diciembre de 2007
Touriño falou de transversalidade, ese concepto que en educación se utilzia cando un tema ou materia entra a formar parte, por dereito propio, de diversos contidos. Cando un tema ou materia non pode circunscribirse a unha determinada rama senón que, pola súa importancia ou vixencia, está presente en diversos campos formando parte indispensable da formación que deben recibir os máis novos dos galegos.

E nesto, que Touriño fala da transversalidade do galeguismo, descubrindo algo que todos entendemos ou sabemos, por experiencia, por intuición, por querencia.

O Presidente Touriño afirma que o galeguismo é un fenómeno histórico polifacético, plural e transversal, aplicando esa transversalidade ó “feito de ser asumido por moi amplos sectores sociais, onde radica a súa forza e o seu potencial”.

A declaración – obvia, por outra parte- fíxoa no decurso da presentación do libro “A esforzada conquista da autonomía”, de Ceferino Díaz, facendo especial fincapé no labor das xentes da esquerda na consolidación dunha autonomía en Galicia, onde tiveron un papel de testemuña e permanencia os membros do colectivo “Realidade Galega”, que conservaban a lexitimidade histórica por riba de calquera limitación física ou temporal .

De acordo con esa transversalidade, o mérito da autonomía témolo todos os galegos. Máis, naturalmente, os que exercían a política hai tres décadas que fixeron posible que Galicia atopase un camiño para o futuro baseado na historia.

A transversalidade do galeguismo segue vixente, e hoxe hai galeguistas conservadores, centristas e progresistas, completando un abano amplo cunha fe común: este país pode mellorar só con crer nel e traballar por el.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES