Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Consellería de Vivenda: Problemas

jueves, 20 de diciembre de 2007
Nos tempos de Cuíña, nas zonas monumentais de Galicia vivíronse momentos de euforia pensando en que o que eran núcleos depauperados podían volver á vida e tentar así reducir a paulatina degradación dos cascos históricos galegos.

En Lugo, o chamado barrio chino sufriu unha total revolución cando a Consellería empezou a mercar vellas casas nas rúas máis enxebres, aproveitando que os locais de alterne ían pechando, e algúns empresarios emprendedores abrían negocios de hostelería que permitían voltar á normalidade rúas que perderan a inocencia moito tempo atrás.

O traballo da Consellería foi modélico na adquisición e na restauración, como o será todo o proceso se se cumpren as previsións iniciais de asentar nas novas vivendas parellas mozas que estabilicen a vida na zona e convirtan de novo en zona residencial un núcleo que tiña perdida esta categoría.

Pero a adxudicación das vivendas - suponse que cumprindo escrupulosamente as normas - preocupa e moito a hosteleiros e residentes, implicados todos en rescatar para a vida e a normalidade unha zona depauperada que non pode correr o perigo de caer de novo na marxinalidade.

O que en principio estaba previsto para estudiantes, rapaces e parellas novas, e como tal se presentou sempre, parece ser que non será tan restrictivo, e só garantirá que os adxudicatarios van ser menores de trinta e cinco anos.

Voluntaria ou involuntariamente, a Consellería de Vivenda ten intranquilos ós implicados no rescate da zona monumental de Lugo, creando un problema e truncando un experimento revolucionario que debera ser manexado con maior cuidado.

De que todos os implicados no tema camiñen de xeito harmónico, tendo en conta que o problema da prostitución aínda non desapareceu, depende o futuro dunha zona depauperada que a Consellería de Vivenda ten a obriga de rescatar, seguindo as directrices que veñen de lonxe e que tanto esforzo e investimento teñen xa orixinado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES