Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

20 anos do Cason

viernes, 14 de diciembre de 2007
Fixo onte, 20 anos, a comarca de Guitiriz fixo pobo. Non sabemos si hai un azar que move os acontecementos, ou certas decisións das persoas, van encarándoos, por aquí ou por acolá. Ás veces, a saltos coma neste caso. Calquera diría que ese día, que amencera tan recio, cargado de ventos e auga, ía rematar daquel xeito, todas e todos na rúa. A nosa poboación, sen comelo nin bebelo, viuse envolta nunha encrucillada. Á nosa porta, coma unha treboada, arribou aquel cheiro de veleno, que traía tolas ás autoridades, alá na Costa da Morte. Viña mal embalado, coma case todas as cousas feitas á presa, e sen matinalo dúas veces. Ao mesmo tempo, chegaban a esta comarca, os estoupidos e a lumeirada que alá, na Fisterra, envolvían o Casón. Mentres tanto, os bidóns que se libraran da queima, viñan cara aquí... para o campamento que dera tanta vida, noutros tempos. E, agora, querían trocalo nun cemiterio de non sei que sustancias. Pero, o pobo resistiuse a converterse en cemiterio de nada e de ninguén, e cortoulle o paso a aquelas caveiras. O olfacto do pobo, volvía a funcionar certeiramente. Non se sabía, quen quería ser o enterrador das arelas da nosa xente. Pero aqueles cerebelos, moitas veces asaltados, non sempre acertan, e cando queren impor a lousa enriba dun pobo ou dun individuo, estes rexorden con novas forzas e máis vida. Isto aconteceu na Terra Chá, nas néboas da Santa Lucía do 1987. Unhas parroquias e vilas que loitaban pola vida con todo o seu alento, e rexeitaban un poder, que non coñecía o diálogo, cando estaba en xogo a saúde, a convivencia, a participación cidadá. Había que facer unha análise sociolóxica de todo este suceso, dende o embarrancamento do Casón, ata a ignominia arrepiante de transportar uns productos tóxicos á fábrica de Alumina, na Mariña. Naquel momento, Guitiriz e Parga deron un exemplo de organización, solidariedade, e reacción inmediata a unha ameaza, máis fatal, pola falla de información, e gañaron unha batalla ecolóxica e social, desenmascarando un veleno, aínda que viñese vestido de caramelo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES