Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Defraudar para progresar

viernes, 14 de diciembre de 2007
A teoría socioeconómica e política indica que para o progreso dun país é preciso que o seu corpo social contribúa ós gastos comúns na medida das súas posibilidades. Esto é, que cada quen pague os seus impostos segundo as leis establecen, e na proporción do cumprimento desas obrigas estará a pauta de crecemento ou progreso da colectividade.

Polo mesmo, na medida en que se incumpla, ese fraude incidirá de xeito directo no resultado económico, pero tamén no social e humano, porque o progreso se verá afectado nesa mesma proporción.

E sen embargo, un estudio do Instituto de Estudios Fiscais do Ministerio de Economía e Facenda ven evidenciar que para a metade dos empresarios cumprir coas obrigas fiscais ven ser papel mollado, polo mal plantexados que están os impostos, e precisamente o incumprimento fiscal sería o xeito de que os negocios sigan adiante, contribuíndo coa inxustiza do seu plantexamento a unha “xustiza” real, tomada pola man polos infractores que se autoexculpan da infracción.

Ven ser o mundo do revés: Se a contribución trae consigo o progreso, case a metade dos empresarios considera que o progreso, a pervivencia das súas empresas, a xustiza contributiva se vai cumprir precisamente coa súa defraudación.

O sistema impositivo pode ser demasiado oneroso, precisamente porque non pagan todos os que deberían pagar. Pero eso non é razón para incumplir, xa que deste xeito os máis beneficiados son os infractores máis “espabilados”.

O de defraudar para progresar, non funciona máis ca a nivel particular e egoísta. Todos temos que contribuir, reclamando cando a contribución sexa inxusta. E ese cómodo razonamento de non cumprir para manter en marcha as empresas, debe ser obxecto de intenso traballo da inspección de Facenda para que, efectivamente, “sexamos todos” os que contribuamos ó fondo común.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES