Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suso de Juan María

jueves, 13 de diciembre de 2007
Estes tempos os focegos andamos un tanto tristeiros, e non é para menos: acabamos de despedir a un membro da nosa comunidade que acadou nesta vida un valor humano reservado a moi poucas persoas: era querido por todos. E sería inxusto que non fose así, porque para varias xeracións só pronunciar o seu nome era mentar a xenerosidade, o altruismo e o desprendemento.

Pertencente a unha saga de vella raigame focense, dotada de manifesta sensibilidade artística, na que a música e a poesía estiveron sempre presentes, Suso Nécega, Suso de Juan María, encarnaba aquelas virtudes que facían del un exemplar humano que na sociedade actual apenas se prodiga: o seu talante solidario e a vontade de axudar ós demais, estaban sempre ó dispor de tódalas xentes, sen reparar en circunstancias sociais, económicas ou profesionais. Era, sempre, bó e xeneroso.
De trato exquisito e amable, a súa cortesía e respecto polos demais facían que endexamais falase mal de alguén.

Non foi un home poderoso, no senso materialista que adoita entenderse; vivíu as súas dificultades, pero aínda nelas era capaz de transmitir esa serenidade e esa ledicia que o acompañaron toda a vida. Na tertulia, arredor dunha cunca de ribeiro, as súas intervencións eran toda unha lección de coñecementos da historia do noso pobo e da vertente lúdica e musical do mesmo, do que él foi sempre partícipe, así como do seu oficio que vivíu apaixoadamente: o mundo da construcción naval, a factoría de pesqueiros no seu histórico asteleiro do lugar da Fonte, onde se adestrou no dominio do mesmo, da man do tamén inesquecible mestre Juan María, o seu pai.

Contador de historias, sempre o sorriso nos beizos e “no bico un cantar”, coa súa desaparición péchase definitivamente o capítulo, que foi tan rico, da historia da carpintería de ribeira no noso pobo; os focenses perdemos a quen foi toda unha institución neste eido, e os veciños da Prazuela -o seu fogar e o deste cronista case que porta con porta- sentiremos mais ainda a ausencia dun ser tan entrañable que mantivo a cotío a súa casa aberta de par en par, sempre acolledora, coa complicidade de Lolita, a súa dona, e a súa familia numerosa.

Foron incontables as embarcacións que ó longo dos tempos -iniciada a actividade en 1916- saíron dos asteleiros dos Nécega, con destino ós mais diversos portos do Cantábrico, pois en todos eles gozaban do prestixio da obra ben feita, da beleza das súas líneas e da planta “tan mariñeira” que as distinguía.

O ano 1989 saía dequela factoría o que entón era o pesqueiro de madeira mais grande do mundo: de 38 m. de eslora o “Berrizguirre Naia” (“De novo nosa esperanza”), ía destinado á flota pesqueira da localidade guipuscoana de Orio. A botadura das 200 Tm. de madeira que pesaba o casco fora presenciada por numerosos curiosos, expertos e persoeiros de toda índole como acontecemento único.

Nos últimos tempos Suso ollaba con teimosía para o pico do monte de Cornería, do que tantas veces baixara madeira para as quillas e as cadernas das súas lanchas; ¡quén sabe qué nostalxias ou qué misteriosos desexos aniñarían na súa mente extraviada…!
Suso de Juan María marchou para o ceo: sorte que teñen os que están na gloria porque alí seguirá a ser o de sempre: xeneroso, solidario e desprendido. Contaralles mil historias e a estas horas seguro que xa o coro de anxos e arcanxos ampliaría o repertorio e cantará algunha habanera…

Ata sempre, veciño, amigo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Distincións municipais: Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
Oferta Presencia Web
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información