Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Zintana (Quintana con Z)

jueves, 13 de diciembre de 2007
Touriño Presidente parece un home apacible, profesor, estudioso, que goberna Galicia co apoio dos nacionalistas por pura necesidade, e leva adiante o seu goberno dun xeito homoxéneo, sen estridencias.

E sen embargo hoxe ten motivo para estar preocupado, mosqueado, esquecido ou ninguneado, se facemos uso desta discutida palabra.

O Vicepresidente de Touriño, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, acelerando a súa marcha ata agora uniformemente acelerada acaba de adiantar ou rebasar ó titular da presidencia, vistando ó Presidente do Goberno da nación, conseguindo nada menos que un desbloqueo do paralizado proceso de transferencias a Galicia de diversas competencias e nove novos temas máis, máis o pago da débeda histórica, máis a concesión dun número especial para o servizo de transporte adaptado, máis...

Despois da Xuntanza, Quintana largou largamente sobre o conseguido, sobre o ben que se levan ámbolos dous cargos e ata as institucións, anunciando “un novo período de colaboración leal e construtiva”.

Con esto de que o goberno hispano imprime Z en todo o que toca, queda claro que Zintana ven de lograr en Madrid outra batalla das que fan historia.

Pero se as grandes victorias producen caudillos vencedores tamén orixinan derrotados ou alomenos perxudicados. E aquí falta alguén entre os triunfadores.

Quintana aproveita os seus votos como pode e chega ata onde lle deixan. Mal trata o Psoe -en concreto, Z.P.- a Touriño permitindo a súa invisibilidade neste tema.

Porque, pese a quen pese, Pérez Touriño é o Presidente do Goberno de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES