Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dame la manita, Pepe Luí

martes, 11 de diciembre de 2007
Xuntáronse para fundar o Foro pro Lugo os representantes do Concello, Deputación (Presidente e Vicepresidente), Universidade (Vicerrector de Lugo), Cámara de Comercio, Fundación Caixa Galicia, Cel e Fundación Cel, na mellor das intencións para coa cidade e provincia, tentando impulsar os recursos e as potencialidades que Lugo ten.

Non se sabe se a petición dos fotógrafos ou de motu proprio, os oito asinantes posaron para os fotógrafos collidos das mans, e catro deles cruzándoas diante de sí como en algunha peza do folclore iugoslavo que teño visto aló en Viveiro hai anos.

A un, que non é dado a moitas efusións en público, esta postura lémbralle a vella canción de Tip e Coll titulada “Dame la manita, Pepe Luí”, que non só tivo un relativo éxito como preludio do Rap senón que marcou un fito na fraseoloxía popular naquel tempo escuro.

Tip e Coll eran humoristas. Esto de agora é equiparable ó das vodas onde ó berro de “Que se besen” comezan a morrearse os noivos, os padriños, os pais dos noivos e os tios dos curmáns. Sorte que a colocación era estratéxica porque senon podía darse o caso de que algún deles lle negase o saúdo a outro.

Postos no mellor, se se trata de traballar todos xuntos por Lugo, ese collerse das mans pode ser sintomático, preludio de algo importante.

Cousas coma esta reconfortan e fan recobrar o agarimo polos homes públicos. A fin de contas, ¡son coma nenos!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O rendible é intermediar: Os productos do campo son básicos na alimentación das xentes e o ideal sería...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información