Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis forza en Madrid

viernes, 07 de diciembre de 2007
Quintana séntese crecido despois da victoria madrileña obtida por un puñado de votos en apoio da ministra das infraestructuras, que lle deparou beneficios non agardados desde o punto de vista político e, para Galicia, no económico.

Agora ven de presentar a pre campaña electoral que vai proclamar a necesidade que a súa forza política ten de conseguir “máis forza en Madrid”, en base ós votos que os galegos decidamos darlle na próxima confrontación electoral.

Que distinto e que distante aquel Bloque de hai anos que, alleo ó poder, pronunciábase en desmesuras, falaba de navalladas á terra, e tiraba contra todo o que se movía. Este Bloque, afortunadamente centrado, é unha forza imprescindible nesta Galicia democrática que precisa dos nacionalistas como conciencia social e histórica, como unha forza que de non existir habería que crear.

O paso do Bng polo poder, na Xunta, nas Deputacións, nos concellos, normaliza unha situación e sitúaos no disparadeiro hacia algo que eles consideran máis importante e os galegos decidiremos dentro de tres meses.

O paso que xa deron é de xigante. Este ano que remata foi un bo ano para o Bng. Se os galegos lle damos “máis forza en Madrid” en marzo, o 2008 aínda vai ser para eles moito mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES