Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os rapaces non entenden

jueves, 06 de diciembre de 2007
Publícase o Informe Pisa sobre educación e ármase un escándalo maiúsculo porque resulta deste traballo que os estudiantes españois están moi por debaixo dos de outras nacións en cando a niveis se refire, e moi dificilmente entenden á primeira o que len.

Os resultados galegos son mellores que os de moitas outras autonomías, pero aínda así quedamos a distancia notable en relación con outros estados de Europa sendo Finlandia o mellor exemplo no que mirarse.

Se ben todos estes estudios son relativos, hai que ter en conta que para confeccionalo participaron en Galicia máis de mil cincocentos alumnos, que veñen poñer de manifesto que se parte de bases reales, de situacións e opinións de perto de nós, de nós mesmos.

Pero un estudio deste tipo, que ven ser un revulsivo anual no mundo da educación, e trae de cabeza a todos os intervintes no sistema educativo, non é máis ca unha referencia, importante sí pero só unha referencia do estado dunha situación que ninguén mellor ca nós para percibir.

E neste caso, todas as especulacións apuntan ó sistema, á Administración, ó profesorado, sen darnos conta cabal de que para completar o abano de sectores intervintes están as familias, tan responsables da formación dos rapaces – como mínimo- como calquera dos outros estamentos educativos, e moitas veces manifestamente alleos á tarefa común.

Os rapaces non entenden axeitadamente o que len, segundo o estudio. Posiblemente a enquisa habería que facerlla tamén ós pais, a ver se melloraban o resultado. A educación é tarefa de todos. Aínda que moitas veces non o pareza. As familias teñen a última palabra neste tempo de pasotismo familiar que considera que con levar ós nenos ó colexio xa está a tarefa rematada e a obriga cumprida.

Da implicación das familias depende a mellora destes resultados. A meta non está en Finlandia. A meta está en cada fogar do noso contorno.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES