Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rebaixas de impostos

martes, 04 de diciembre de 2007
Os dous grandes partidos xogarán ás rebaixas na campaña electoral que aínda non comezou oficialmente pero leva case catro anos de efectividade.
A boa andanza da economía, ó dicir dos gobernantes, permite ir recortando porcentaxes nas cotizacións, facendo presuntamente máis atractivos os programas electorais en base a menores aportacións ás arcas comúns.
Para o Psoe, as cousas ben feitas desta lexislatura permiten afloxar a man recadadora e deixar que cantidades inxentes deixen de cotizarse para destinarse a atencións familiares ou persoais. Para o PP, a bonanza de antes aínda persiste e permite ós gobernantes vivir de rendas.
Teña razón quen quixer, o caso é que a economía permite alegrías, e a esa alegría se xoga.
En Galicia, a Xunta preve que ese fermoso panorama permitirá en 2008 disfrutar dunha rebaixa do tres por cento do Irpf polas medidas que a Administración local está tomando.
E ninguén, ninguén, nos chama a un maior esforzo, a manter as cotizacións, a seguir contribuíndo para poder investir máis e mellor, crear postos de traballo, crear riqueza, estabilizar o noso panorama económico e, en fin, aproveitar o tempo bonancible para investir prevendo que pode haber un tempo desgraciado.
A falta de ilusión, aforro individual para disfrutar tamén individualmente un pouco máis. Non parece esto encaixar na doctrina teórica dos partidos que se cren de esquerdas, nin co que debe predicar calquera gobernante ou que aspire a gobernar.
As rebaixas nas aportacións individuais á economía de todos, son unhas rebaixas tristes, pobres, egoístas. Son as rebaixas do medo e do puño pechado. Son as rebaixas da tristura frente á ledicia do sacrificio, da participación, da entrega, de pensar nos que veñen despois.
Mágoa de país e de paisaxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES