Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do ceo abaixo...

miércoles, 28 de noviembre de 2007
Hai que separar a política da relixión. Hai que conseguir manter a fe nos políticos, pero separar os políticos da fe maioritaria. Hai que separar verdadeiramente os asuntos celestiais dos asuntos mundanos da política.

O último exemplo de mestura do ceo na cousa pública témolo en Ourense, onde o Alcalde, na tradicional misa e ofrenda na catedral, pediu a San Martiño a súa mediación para conseguir unha cidade máis xusta, equitativa e solidaria. Que non está mal que axude, pero en definitiva conseguir esta meta depende case na súa totalidade do grupo de goberno do Concello ourensán.

Na Catedral de Lugo, cada Infraoctava do Corpus (agora o domingo posterior á celebración), oferente e respostante reclaman do Santísimo apoio para as causas máis nobles, que poden referirse á cidade, á comunidade autónoma, ó estado español ou a todo o mundo.

En relación co Apóstolo, en Compostela, máis do mesmo. E ponse a Santiago por testigo de boas intencións e de traballo, de dificultades e de progreso, sempre na procura de obter como unha recomendación celestial de apoio ó traballo de cada quen.

Non está mal que os políticos se manifesten devotos de algo superior e noble. Sí esta mal que involucren a entes que están por riba das cousas deste mundo para conseguir cousas mundanas por moi elevadas que resulten.

Do ceo abaixo, todo é mundo, todo é país. Comamos se son cousas e ocasións de comer. Preguemos con devoción cando sexan cousas da alma. Pero non mesturemos, que xa está ben de poñer a Deus por testemuña ou intermediario do que temos que solucionar exclusivamente entre nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES