Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A botadura do 'Espiñeira-Mondoñedo'

lunes, 26 de noviembre de 2007
No seu tan interesante libro Caminos y Caminantes de A Mariña, Jesús Otero Pérez ten unha lembranza para o que en tempos foi lugar de efervescente actividade industrial e comercial: A Espiñeira. Aserradoiros, talleres mecánicos, muíños, almacéns comerciais de variado xénero, tendas, exportación de madeiras e asteleiros “marcó con hondos y muy significativos trazos, una era con sólida aportación al reforzamiento socioeconómico de la comarca”, dí o autor, que sitúa nos primeiros anos do século XX o seu maior esplendor. E así foi; daí que o 8 de setembro de 1913 o concello de Foz remitise unha solicitude ó Ministerio de Fomento interesando a construcción dun muelle para depósito de mercadurías naquel punto, que xa fora habilitado para carga e descarga en réxime de cabotaxe por real Orde de 9 de setembro de 1907; pedindo tamén que se anunciara a subasta da vía que comunicaría este porto, declarado “de interese xeral” pola lei de 23 de xuño de 1911, coa estrada de Ribadeo a Viveiro.

Posiblemente, e mercede ás fotos existentes, que foron publicadas en sucesivas ocasións, e das que algunhas se exhiben en locais públicos, da actividade asteleira quedou como paradigma, para a memoria colectiva, a botadura do barco “Espiñeira-Mondoñedo”, alí construido para a casa armadora “Sociedad Mindoniense de Cabotaje”.

O acto foi todo un acontecemento social, do que participou unha multitude de persoas, según amosan os testemuños gráficos e literarios da prensa da època.

O periódico mindoniense “Justicia” informa da excursión que con tal motivo se organizou dende aquela cidade: “ A las dos de la tarde del día 3 del corriente (setembro de 1921) y en el automóvil del popular “Botes” se fueron colocando los excursionistas que llenaron completamente el ómnibus, cabeceando por el enorme peso que llevaba en la baca… Desde Cillero hemos divisado en la popa del barco la bandera rojo y oro que ha paseado los mares como ninguna otra, llevando a las cinco partes del Mundo el genio de la raza en los nombres inmortales de Cristóbal Colón, Hernán Cortés, Vasco de Balboa, Solís y otros muchos nautas y conquistadores. Unos minutos después llegábamos a la grada donde, esbelto, majestuoso, se asentaba el “Espiñeira-Mondoñedo” para ser lanzado al agua.”

“Bellísimas señoras y señoritas, elegantemente ataviadas, realzaban el acto con su presencia. Parecía un jardín de frescas y lozanas flores, en medio de la umbría perdidas entre riscos”.

Describe o xornal o entusiasmo dos presentes cando dona Dolores Basanta, de Reimunde, a madriña, rociou o casco co champagne: “ Los hurras y los aplausos, mezclados con las músicas, rasgaban el espacio, contagiando la alegría a la enorme multitud que se hallaba congregada a una y otra banda de la ría”. “La comparsa de gaiteiros “Os Veiga”, que tocan la “Alborada”, la banda de instrumentos de metal que lanza sus estridentes notas tocando la Marcha Real…”.

A bordo foi servido un espléndido “lunch”, do que se encargou o focego Jesús Cageao “Papaíto”, e alí correron o café e os licores; doces, pastas, chartreuse, xerez, coñac, champagne, refrescos, habanos, todo con gran prodigalidade, sen distinción de persoas nen de crases, para rematar cun baile para a mocidade, amenizado pola comparsa e a banda.

Ó lusco-fusco iníciase o desfile; antes “el elocuente orador e ilustre abogado don Antonio Maseda Bouso pronunciaría un breve discurso y dijo, entre otras elocuentes frases, que aquel barco que iba a surcar los mares, era el grano de arena con lo que se iría formando la montaña de nuestra regeneración nacional”.

Foi éste, sen dúbida, un fito na historia da construcción naval en Foz, que quedou, como xa dixemos, na memoria popular A nós prácenos dar á luz estes datos e unímonos ás consideracións do noso dilecto amigo Suso do Siñeiro: “Ahora (na Espiñeira), quietud y silencio. Tal vez, recreando los versos del poeta del Masma, “el silencio se oye / él llama a la reflexión”, alguien escuche y A Espiñeira vuelva a ser fiel reclamo de aquella época dorada que finalizó en los años sesenta”. Tal vez…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES