Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pulo ás Asociacións

viernes, 23 de noviembre de 2007
O concello de Castro de Rei convocou para este mes un taller de asociacionismo. Unha ferramenta axeitada para axudar ao crecemento da persoa, estimular o afán por camiñar xuntas/os, dende a liberdade de cadaquén. Os especialistas deron en chamarlle a “sociedade civil”, fronte a sectores, coma o político. Houbo unha fermosa sementeira de colectivos no s.xx, mesmo competindo con aquelas asociacións teledirixidas dende os poderes, que só eran as súas correas de transmisión, rabenando esa soberanía que necesitan estes grupos para medrar. Acerta este concello en provocar e suxerir esta vontade asociativa, porque non é racional seguir creando sociedades dende arriba, nacen infectadas polo virus do clientelismo, e non chegan a prender coa saúde cidadá debida. Non inventamos nada, a Chaira enxendrou agrupacións, cando estaban vetadas outras organizacións. A terra valura, coñece xeiras douradas de iniciativas deste tipo, así, o Centro Cultural de Bazar, o “Ignacio Rei Stolle”, máis de 40 anos, creando: o grupo de Teatro “A Roga”, que representa, entre outras, “A rosa branca” (1983) de Xulio Pita, certames, homenaxes a persoas egrexias do concello, coma Xosé Trapero, pregóns de Nadal, semanas culturais, cine, o seu boletín: “Onte, hoxe e mañá”, unha fenestra aberta á vida social da contorna. “Os Valuros” (1975) de Castro de Rei, con 90 representacións de “Vai pecharse outra casa máis”, mesmo noutros países. Este filón creativo non fai máis que agrandarse con “O Val de Francos”, que está a recuperar o Entroido, “Os Zoelas” de Castro de Ribeiras de Lea, “Os Amigos da Feira”, “O Cadaval” de Pacios, “Os Amigos do Museo do Castro de Viladonga”... Todas e todos, fornecedores de vida e cultura, convértense nunha canle de participación, dende abaixo, recollendo as inquedanzas da base. Máis necesarias, si a política se anquilosa nunha superestructura illada da realidade. O asociacionismo da mocidade foi e é fundamental, cando están a criminalizala dun xeito simple, por algunhas formas de lecer. Si se agrupan son capaces de crear unha fervenza de actividades, alternativas a outras máis consumistas. Cada concello debía contar cun consello de asociacións, que achegaran a voz das e dos veciños que loitan cada xornada. Este renacemento asociativo é un síntoma da frescura da sociedade, capaz de vacinarse contra a anemia, a pasividade, a inercia, dominantes.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES